Muralla Celeste, o proxecto de peña celtista na cidade de Lugo 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

Un grupo de afeccionados busca afeccionados interesados para poñer en marcha unha nova agrupación celtista 

02 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Un grupo de afeccionados do Celta veñen de lanzar a través de Twitter un proxecto para a creación dunha peña celtista na cidade de Lugo. Tal e como eles lembran, xa existen agrupacións de seareiros do equipo vigués noutros puntos da provincia, tales como Burela, Monforte, Sarria, Vilalba ou Viveiro, pero falta na capital e queren poñerlle remedio a esa carencia.

«Este proxecto nace co obxectivo de ao fin, dotar a Lugo dunha Peña Celtista. Sabemos que no pasado houbo intentos para logralo pero ningún logrou chegar á meta, polo que tras moito analízalo e cavilalo, pensamos que xa é hora que a cuarta cidade de Galicia teña a súa Peña Celtista», proclaman. Lembran que no municipio sempre existiu o celtismo e constatan que «medrou moito nestes últimos anos», mencionando, ademais, as peñas históricas da provincia.

Pero parten da «necesidade de dotar a Lugo como entidade propia desta peña celtista». Por esta razón, fan «un chamamento público a todos/as celtistas lucenses que poidan ver interese neste proxecto para que se poñan en contacto» con eles e poder organizarse. Tampouco pechan as portas a celtistas ou peñistas doutras zonas que queiran botarlles unha man. O seu enderezo electrónico é murallacelestelugo@gmail.com.