Kevin Vázquez: «Non estivemos á altura, estamos doídos, pero estou seguro de que imos saír» 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

AFP7 vía Europa Press | EUROPAPRESS

O segundo capitán do Celta cre que a derrota ante o Athletic fará ao equipo «estar máis forte» 

11 nov 2023 . Actualizado a las 10:15 h.

O segundo capitán do Celta, Kevin Vázquez, sinalou tralo partido ante o Athletic Club -no que repetiu titularidade- que non se pode cualificar este de extraordinario na medida en que non acadaron a vitoria nin puntos en San Mamés. «Foron moitos (os afeccionados) que viñeron animarnos, que puxeron cartos, e non estivemos á altura. O traballo témolo, facémolo, en serio que estamos traballando moito», comentou.

E quixo mandar unha mensaxe que non sabe se calará no celtismo, pero da que está convencido. «Imos saír de aí. Canso entramos no vestiario, vímonos as caras todos. Estamos moi doídos. A xente estaba verdadeiramente amolada, pero non hai outra, somos os que somos, estamos os que estamos. Isto vainos facer estar mais fortes ó final de tempada e teño clarísimo que imos saír de aí».