
A peña, creada no 2017, conta actualmente con máis de cen integrantes
24 mar 2023 . Actualizado a las 12:28 h.Este sábado, 25 de marzo, é a data escollida pola peña de Vilagarcía de Arousa Embruxo Celeste para celebrar o seu sexto aniversario. A cita será desde as 18.30 horas na súa sede, situada na rúa Blanco Amor, número 5, baixo e que é un auténtico templo celeste cheo de distintivos e lembranzas relacionadas co club vigués.
Ao igual que o ano pasado por estas datas, os integrantes da agrupación -que superan actualmente o cento- reuniranse para compartir un bo rato xuntos e non faltarán a música, o picoteo, as bebidas e os rapaces, o futuro de Embruxo Celeste. Ademais, o ano pasado tiveron que facer quendas pola pandemia, un compoñente que xa non entra en xogo este curso.
Embruxo Celeste foi inaugurada en setembro do 2017 con arredor de 50 peñistas, cifra que medrou de modo considerable neste tempo. Malia que a pandemia freou a súa actividade inevitablemente, veñen sendo neste tempo unha peña moi activa e sempre representada en Balaídos.