O Colectivo Nós organiza viaxe para o amigable do Celta en Braga

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

COLECTIVO NÓS

O terceiro compromiso de pretempada do conxunto vigués está programado para o 29 de xullo

18 jul 2022 . Actualizado a las 09:48 h.

Desde que se anunciou que o Celta xogaría un amigable fronte ao Sporting Clube de Braga na cidade lusa o vindeiro 29 de xullo, o Colectivo Nós deixou entrever que organizar unha viaxe de afeccionados para presenciar este partido era unha opción. E hoxe deron a coñecer xa os detalles da súa proposta, aberta a membros da agrupación e non membros con prezos  de cinco e dez euros, respectivamente, que non inclúen a entrada ao encontro.

A saída será do estadio de Balaídos as 16.30 do día 29 -venres-, mentres que o encontro comezará ás 21.00 horas. Deste xeito, a expedición chegará a Braga arredor das 18.00 horas e os afeccionados terán dúas horas no centro da cidade ata ser recollidos ás 20.00 para o traslado ao estadio. As persoas interesadas poden inscribirse a través do enderezo eletrcónico 1923NOS@gmail.com co 21 de xullo como data límite.

Xa no ano 2018, a anterior vez na que o equipo visitara ao Braga en pretempada, Nós tomara a iniciativa de organizar desprazamento e houbera unha mobilización importante por parte do celtismo tendo en conta as datas. Nesta ocasión, será o terceiro amigable do equipo tralo xa xogado fronte ao Pumas a semana pasada e o previsto para a madrugada do mércores ao xoves -hora española- ante o San José Earthquakes.