Sergio Álvarez, protagonista na XXIII Convención de Peñas do Celta

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

CENTOLOS CELESTES

O Gato de Catoira, que asistiu ao acto na Guarda, recibiu unha mención honorífica

30 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A deste sábado foi noite de reencontros para os peñistas do Celta, como algúns deles celebraban a través das redes con imaxes do evento. A Convención de Peñas regresou transcorridos tres anos da súa anterior entrega para celebrar a súa edición número 23. O gran protagonista da noite foi Sergio Álvarez, que estivo presente no acto celebrado na Guarda e que recibiu unha mención honorífica por parte do organismo que preside Pepe Méndez.

Outro dos premios que se entregaron recaeu en Iago Aspas, que non acudiu á cita. Pero si o fixeron membros da peña que leva o seu nome, coa súa nai, María Juncal, á cabeza. Ela foi a encargada de recibir ese premio ao moañés, concedido por ser o máximo goleador da Liga en catro tempadas, e levou os aplausos dos presentes coo tamén acontecera con Sergio, co salón en pé para ovacionalo.

Estiveron representadas o 70 % das peñas celtistas federadas e algunhas delas foron premiadas polas súas longas traxectorias. Así, a Peña Celtista de Ponteareas foi recoñecida polos seus 50 anos; a de Arbo, polos seus 35; a do Baixo Miño, polos 30 que tamén celebraba esta fin de semana e que foron os mesmos que celebrou este ano a Tudense. Con 25 contan xa o resto das premiadas: Sempre co Celta, Gudelj-Vigo, Arriacenses, Rianxeira e Madrid.