Siareiros Dezaos mantén a súa directiva

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

José Ramón Porto continúa como presidente dunha das peñas máis activas do celtismo

16 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A peña celtista Siareiros Dezaos vén de confirmar a continuidade da directiva que leva anos á fronte, encabezada por José Ramón Porto en calidade de presidente. A agrupación celtista con sede en Lalín e membros doutros municipios da comarca caracterízase por ser unha das máis activas do celtismo, organizadora no seu momento da Romaría Celtista recollendo a testemuña de Merlegos Celestes (Santiago).

Foi no ano 2013 cando se retomou un proxecto que xa tivera dúas etapas anteriores. As orixes da actual peña celtista do Deza están nun primeiro colectivo creado nos anos 50 e xa nos 90 houbera outra reedición. Hai agora oito anos volveron para quedar.