O Celta conmemorará o Día das Letras Galegas na previa do partido do Camp Nou

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

Os xogadores vestirán camiseras con termos futbolísticos en galego que substituirán aos seus nomes propios

16 may 2021 . Actualizado a las 17:57 h.

O Celta conmemorará esta tarde no Camp Nou o Día das Letras Galegas, que se celebra este luns, 17 de maio, dedicado á figura de Xela Arias. Antes do partido fronte ao Barcelona, os xogadores celestes realizarán o quecemento previo ao partido cunhas camisetas creadas especificamente para esta celebración. «Non lucirán os seus nomes nas costas, senón algúns dos termos futbolísticos máis populares en galego. Así se poderá ver a Iago Aspas co verbo canear ou a Iván Villar coa palabra luvas», avanza a entidade nun comunicado.

Durante toda a semana, varios xogadores do plantel explicaron a través das redes oficiais do club o significado desta serie de palabras que formaron parte dun concurso no que os afeccionados puideron evaluar o seu léxico futbolístico en galego. As palabras elixidas para as camisetas celestes son: biqueira, bancada, padiola, luvas, seareiro, canear, furar, adestrador, quecemento, malleira, sachada, punteirolo, reviravolta, curruncho, afouteza e canteira.

View this post on Instagram

A post shared by RC Celta (@rccelta)