«Non debemos volvernos tolos coa posibilidade de meternos entre os tres primeiros»

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

rc celta

Carreira destaca que o Celta B está ante un final de tempada ilusionante

19 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Segundo clasificado con catro puntos de marxe sobre o cuarto, o Celta B ten un bo escenario para meterse no corte que dá dereito a loitar pola fase de ascenso, pero Carreira no quere presión, senón que o equipo siga disfrutando como ata agora.

-Como ve o que resta de tempada do Celta B?

-É un final de tempada moi ilusionante. Agora estamos atopando cousas que antes non, agora estamos resolvendo ben os partidos, pero non debemos volvernos tolos coa posibilidade de meternos aí arriba, debemos seguir disfrutando de cada partido, pero sen ter a presión de quedar entre los tres primeiros.

-Pódese falar dos puntos que faltan para entrar na fase de ascenso?

-Iso podería ser un erro. Nós temos que xogar a gañar todos os puntos posibles, pero non debemos facer cálculos.

-Non teñen ilusión por meterse arriba agora que o teñen na man?

-Agora o único que queremos é aferrarnos ás posicións de arriba, porque é moi ilusionante logo de vivir un play out e de sufrir o ano pasado.

-Tamén sería un escaparate.

-Nós queremos darlle unha alegría á afección, que vexa que o filial está nos postos de aí arriba.

-Como ve a cita co Salamanca?

-Unha nova oportunidade para seguir sumando e mantendo esta dinámica tan positiva que temos.

-Poden pasar factura tantos partidos seguidos?

-Creo que canto máis xoguemos, mellor. Agora mesmo non estamos pendentes do nivel físico, senón da ilusión de seguir xogando e manténdonos aí arriba.