De non contar a candidato a todo


Vigo

Sorprende a racha do Celta B porque ninguén pensaba que ía a estar aí arriba pero agora mesmo é candidato a todo, incluso a ser campión porque ten dous partidos menos e se os saca ponse arriba. Está facendo as cousas con moitísimo sentido.

A Onésimo criticámoslle que non contase cos rapaces que estaban no primeiro equipo nun momento determinado pero pouco a pouco foron entrando e dándolle peso ó equipo e aí están os resultados. Creo que a combinación da experiencia cos xogadores que viñeron de fóra que xa non son ningúns nenos e os rapaces da canteira fixeron un cóctel que lle está moi bo resultado.

O Celta B tamén conta cun fondo de armario importante. Por exemplo, os xuvenís cos que conta son xogadores de moitísima calidade. Por exemplo Carlos Domínguez, que me parece un dos xogadores que máis medrou nos últimos anos nas categorías inferiores.

O equipo ten xente de sobra para cubrir calquer problema nunha liga que ten un formato moi interesante para o público e moi perigoso para os adestradores como se está vendo.

A nivel de xogo destaca o seu ritmo tan alto que lle imprimen e logo un acerto enorme nos metros finais porque ultimamente ocasión que teñen, ocasión que vai para o saco. Son moi bos finalizadores. O porteiro tamén é un xogador moi importante, porque é seguro e dalle moito poso ó equipo. Se ó final se vai con Costa Rica para o Preolímpico sería unha perda grande porque é unha das revelacións. É un porteiro moi seguro, que domina o xogo aéreo, fai moi poucos rexeites e deféndese cos pes. En un xogador moi completo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

De non contar a candidato a todo