O celtismo celebra o Día de Galicia

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

RC CELTA

Óscar García rompeu o seu silencio en redes para felicitar ao celtismo

25 jul 2020 . Actualizado a las 20:59 h.

O adestrador do Celta, Óscar García Junyent, sumouse á multitude de felicitacións por parte do celtismo con motivo do 25 de xullo. No seu caso, rompeu o silencio das últimas semanas en redes sociais, xa que tras estar moi activo no confinamento e nalgunhas fases trala volta ao traballo, non se manifestara desde o 9 de xullo. Nin sequera para facer referencia á salvación.

«#FelizDíaDeGalicia», escribiu cunto cun corazón azul e a imaxe  que o propio Celta utilizara para celebrar unha data tan sinalada. O clube, pola súa parte, escribiu: «A nosa terra, as nosas cores. Desde 1923. Día de Galicia».

Multitude de peñas e afeccionados sumáronse á celebración, con mensaxes que festexaban tamén que o Celta vaia seguir sendo a vindeira temporada o representante galego na máxima categoría do fútbol español trala súa agónica salvación.  Tamén Fran Beltrán, sempre atento nestes casos: