«Temos saudades de fútbol, pero máis aínda de ver Balaídos cheo nun día de partido»

Os irmáns García Junyent celebran o Día das Letras cun aplaudido tuit en lingua galega


Vigo

O celtismo, co seu corpo técnico á fronte, celebra hoxe o Día das Letras Galegas. Na conta de Twitter dos irmáns García Junyent conmemorouse cun tuit en lingua alega moi aplaudido pola afección do Celta: «Queremos aproveitar o Día das Letras Galegas para mostrar os nosos mellores desexos. Desfrutade do día de hoxe con sentidiño. Temos saudades de fútbol, pero máis aínda de ver Balaídos cheo nun día de partido. Voltaremos mais fortes ca nunca!».

O propio Óscar, desde a súa conta persoal, escribía: «Feliz día das Letras Galegas. La cultura, uno de los pilares fundamentales de cualquier sociedad». E o Celta, pola súa banda, publicaba un deseño no que aparecen todos os xogadores do primeiro equipo de orixe galega (Sergio, Brais, Iago Aspas, Iván Villar, Denis Suárez, Rubén Blanco, Kevin Vázquez, Santi Mina e Hugo Mallo) e a mensaxe: «»A língua é um sacramento». Hoxe e sempre, orgullosos do noso. Feliz #DíaDasLetrasGalegas! #CarvalhoCalero»

Sergio Álvarez, galegofalante recoñecido, compartía un vídeo que gravou para o clube no que concursaba nun particular Pasapalabra, mentres que Denis Suárez escribiu: «Feliz día das Letras Galegas. Todos os días da miña vida». Varios dos protagonistas do deseño do Celta, como Iago Aspas, Brais Méndez ou Iván Villar, tamén publicaron esa imaxe nas súas redes sociais. E non faltou a mensaxe de Beltrán, sempre respectuoso coa lingua galega:

Ademais, dous ex xogadores do equipo tiveron palabras de agarimo para o celtismo nesta data sinalada: foron Gustavo López e Juan Sánchez. Non faltaron tampouco multitude de mensaxes das peñas celtistas, así como de afeccionados.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Temos saudades de fútbol, pero máis aínda de ver Balaídos cheo nun día de partido»