Keltoi! fará soar os seus himnos celtistas en Hamburgo en maio

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

Oscar Vázquez

O grupo vigués foi convidado polo St. Pauli á festa do porto da cidade alemá o próximo mes de maio

21 feb 2020 . Actualizado a las 11:18 h.

O grupo vigués Keltoi! porá o toque celtista nas festas do porto de Hamburgo o vindeiro 8 de maio. Banda de referencia para o celtismo, con varios temas dedicados ao clube que soan con frencuencia en Balaídos, repetirán na cidade alemá, onde xa estiveran previamente. Sinten que coa súa presenza «o Celta este ano contará con representación» nesta cita. Garanten que soarán 1923 e Unhas cores, un sentimento.

Trátase dun evento organizado polo Fc. St Pauli, conxunto da segunda categoría do fútbol alemán, que foi quen convidou ao grupo vigués a sumarse. Explica o vocalista do grupo, Sime, que se trata dunha «festa na que hai once escenarios ao aire libre e o clube monta o seu propio escenario «Jolly Roger». Pasan pola festa perto de un millón de persoas en tres días». Tamén participarán The Movement «e un feixe de bandas máis».

O evento celébrarse ininterrompidamente desde 1977 e conmemora a data na que o porto de Hamburgoi foi declarado libre de aranceis. «O evento é moi grande, con concertos e actividades ao aire libre durante tres días en máis de once escenarios», contextualiza Sime. Está organizado polo concello y polo clube, que ten o seu propio escenario. «Nel actuaremos grupos de rock, punk, reggae, ska e hard core de Alemaña, Arxentina ou Italia, entre outros».

Explica Sime que a conexión co St. Pauli vén dada pola afinidade entre afeccións de diferentes clubes con ideas compartidas. «Froito dun concerto dos vigueses FAlperrys na festa anual que fan os siareiros de Celtic e St. Pauli, un de Keltoi estivo presente e fixo contacto cos siareiros do St. Pauli», comenta.

O seguinte paso foi un concerto de Keltoi! en Berlín no 2019 ao que acudiron afeccionados e mesmo algún directivo do St. Pauli, que os convidou ese mesmo día. «Son unha xente encantadora. Ensináronnos o seu estadio e a filosofía do clube como referente mundial dun fútbol diferente ao modelo e fútbol negocio», profundiza. Ademais, engade que o clube ten un gran vencello coa música underground, punk ou rock e son moitos os grupos que lles teñen dedicado cancións.