A peña A Mao Negra festexa 20 anos de celtismo

O colectivo celtista de Cualedro celebra unha festa polo seu aniversario


Vigo

A peña celtista da localidade ourensá de Cualedro, A Mao Negra, celebra hoxe os 20 anos de vida que cumpre neste ano 2019. A receita escollida para conmemorar este aniversario tan especial para unha das peñas máis emblemáticas da provincia de Ourense e «música e festa», avanzan os impulsores dos festexos.

A idea é que a partir das 19.00 horas os peñistas comecen a tinguir de celeste as rúas da localidade ao ritmo da música co que bautizaron como Ruada Celeste e que será o pistoletazo de saída ás celebracións. A continuación, na Aira das Triguerizas ás 20.45, terá lugar unha recepción aos socios e asistentes, entre os que se espera que haxa representación do clube e, pendente de confirmación, algún dos xogadores que non viaxen a Eibar.

Xa ás 21.00 haberá un acto de benvida e confraternización celese, para que pouco despois comece unha cea popular con sorteos e sorpresas. Non rematará aí a cousa, porque ás 22.30 os asistentes poderán presenciar un monólogo de Juantxonito e unha hora máis tarde será o turno da actuación musical de Roy.

Cualedro, de 1.800 habitantes, é un dos municipios máis pequenos que contan con peña celtista, como contaban a Grada de Río cando aínda ían polos quince anos de vida. E presumen de ser unha localidade celtista onde unha alta porcentaxe dos seus habitantes simpatizan co Celta. Fundada en 1999, foi ao ano seguinte cando empezaron a funcionar a pleno rendemento e desde aquela lévano facendo de maneira ininterrompida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A peña A Mao Negra festexa 20 anos de celtismo