Vigo

1986: Hai hoxe 33 anos nacía en Catoira un dos xogadores máis emblemáticos do actual plantel do Celta, o canteirán Sergio Álvarez, convertido hoxe no xogador máis veterano do equipo trala marcha de Gustavo Cabral -que naceu en 1985-. Esta data colle este ano ao porteiro recuperándose dunha lesión que lle impediu viaxar a Alemaña co resto do equipo para os amigables fronte ao Unión de Berlín.

Eexemplo de esforzo, sacrificio e perseverancia, Sergio, alcumado O Gato, comezou a xogar ao fútbol na súa localidade natal para logo incorporarse á base do Arousa. Chegou ao Celta aos 17 anos e leva militando no equipo desde aquela de maneira ininterrompida cunha única excepción, a súa cesión ao Racing de Ferrol na tempada 2008/2009.

De volta en Vigo seguiu no filial, pero viviu a súa estrea en Segunda, o 4 de xuño do 2011, nunha última xornada de campionato na que o Celta de Paco Herrera venceu 3-0 ao Cartaxena antes de disputar o fallido play-off. Ao ano seguinte xa tería un sitio de maneira estable, alternando na titularidade con Yoel.

Xa co equipo en Primeira, a Sergio tocoulle exercer de suplente de Javi Varas, que chegara a Vigo cedido polo Sevilla. Foi ese equipo fronte ao cal debutou Sergio o 5 de outubro do 2012. “Os debuts sempre se lle deron ben, eu digo que tiña que debutar sempre”, comentaba súa nai a Celta Media no seu día. Ese ano só xogou uns poucos partidos, igual que o seguinte, cando Yoel, de volta da súa cesión en Lugo, convenceu a Luis Enrique.

A chegada de Berizzo foi inicialmente sinónimo de continuidade para Sergio en Primeira. Aquel verán marchou Yoel ao Valencia e Rubén exeerceu como segundo porteiro. Disputou 38 partidos entre liga e Copa e chegou mesmo a ser escollido porteiro revelación da campaña 2014/2015 polos redactores da web da UEFA.

Nas dúas tempadas seguintes, a aposta de Berizzo fora rotar na portería, se ben as lesións do mosense fixeron que Sergio acabase acumulando moito máis protagonismo. As súas intervencións nalgunhas das eliminatorias da Europa League foron claves para que o equipo puidera acadar as semifinais do torneo.

Un ano máis tarde, con Juan Carlos Unzué, O Gato compaetía con Rubén pola titularidade, pero tamén a un Iván Villar que decidiu quedar no primeiro equipo e loitar por un posto -marchando logo cedido no mercado de inverno-. Acabou disputando 20 partidos entre Liga e Copa. 

O Gato, que o ano pasado foi distinguido como fillo predilecto de Catoira, comezou a tempada pasada xogando, pero a titularidade acabou en mans de Rubén Blanco. Aínda que non acadou o número de partidos que establecía o seu contrato, o clube non exerceu a opción de curtar unilateralmente o seu contrato. Este ano ambos competirán por un posto, está por ver se tamén con Iván Villar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sergio Álvarez cumpre 33 anos