A Peña O Gato celebra o luns 10 o seu sétimo aniversario

A cita será na sede do colectivo celtista que leva o nome de Sergio


Vigo

Un ano máis, o mes de decembro é sinónimo de celebración para a Peña Celtista Sergio Álvarez O Gato de Catoira, a localidade natal do porteiro do Celta ao que homenaxean. O colectivo celtista cumpre xa sete anos de vida e vano festexar o luns día 10 na súa sede, o bar Conde en Dimo (Catoira) a partir das 19.30. 

Os responsables da peña lembran aos membros que a festa de aniversario é a ocasión ideal para renovar ou darse de alta como integrantes. O prezo da alta é de vinte euros e inclúe o agasallo dunha bufanda da peña. Ademais, haberá regalos e as últimas participacións de lotaría dispoñibles. 

Aínda que este ano a peña non confirmou se Sergio poderá acudir á cita, é habitual que o xogador do Celta non perda a cita e mesmo que vaia acompañado de máis compañeiros do equipo. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Peña O Gato celebra o luns 10 o seu sétimo aniversario