O Colectivo Nós celebra cun concerto o seu quinto aniversario

La Voz

GRADA DE RÍO

Colectivo Nós

As bandas Sondaría e Keltoi! serán as encargadas de amenizar o evento

27 nov 2018 . Actualizado a las 12:40 h.

O Colectivo Nós vén de cumprir cinco anos o pasado mes de setembro e para celebrarlo por todo o alto organizan unha festa-concerto este venres. Será na sala viguesa Masterclub a aprtir das 23.30 horas e contará coas actuacións da banda de Ponteareas Sondarúa, de hip hop en galego, e a viguesa Keltoi!, un clásico nos eventos celtistas.

O prezo das entradas é de cinco euros en venta anticipada na Cafetería The Movie (Balaídos), Bar Princesa (Casco Vello) e O Curruncho dos Titos (rúa Torrecedeira 46), e de sete na billeteira o propio dia. Ademais, os integrandes do Colectivo poderán entrar de balde. Adiantan que haberá sorteos e sorpresas entre todos os asistentes.