Sergio acompañará a Carcamáns no seu vixésimo aniversario

A peña da Illa de Arousa celebra unha cea para festexar os seus 20 anos de vida


Vigo

A Peña Carcamáns culmina este sábado por todo o alto a celebración dos seus 20 anos de vida. Tras acoller o pasado verán a edición do 2018 da Romaría Celtista e reeditar a viaxe en catamarán de anos atrás, agora organizan unha cea para conmemorar esta efeméride tan especial. Para acompañalos estará, en representación do plantel, o gardameta de Catoira Sergio Álvarez, ao que desde a peña lle están moi agradecidos por acudir en medio dos días de descanso que Cardoso deu aos xogadores durante este parón. 

Está previsto que os actos comecen ás 19.00 horas no salón de plenos do Concello da Illa, onde Sergio compartirá un tempo cos pequenos celtistas. Dúas horas máis tarde, desprazaranse á súa sede, A Taberna dos Baláns, onde tomarán un pequeno aperitivo mentres esperan polos buses.

Ás 21.45 está prevista a chegada dos buses que os levarán ao restaurante Casa Forniños, onde cearán. Despous haberá tempo para sesión con DJ e barra libre ata as catro da madrugada. Ao remtar, haberá tamén buses para volver á Illa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sergio acompañará a Carcamáns no seu vixésimo aniversario