O Colectivo Nós celebra o seu primeiro lustro

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

Aínda que a idea xurdira antes, foi o 16 de setembro cando a puxeron en marcha formalmente

16 sep 2018 . Actualizado a las 12:55 h.

O Parque de Castrelos era escenario hai cinco anos da asamblea aberta na que se producía o nacemento do colectivo nós, unha agrupación de afeccionados celtistas unha forma distinta de entender a afección polo clube. Celtismo e máis galeguismo son os seus sinais de identidade, como explicaron no seu día a Grada de Río.

«Son cinco anos oficiais, que non oficiosos, porque a idea ten algo máis de tempo», lembran desde o Colectivo. Subliñan satisfeitos que neste tempo foron quen de transmitir as súas ideas ao celtismo e conseguir que calaran non só na afección do Celta, senón tamén «noutros ámbitos asociativos, culturais e combativos» nos que teñen presenza. Falan dun proxecto que «é de todos os galegos e celtistas que se consideran tal».

Neste tempo levan apoiado ao Celta estando presentes na meirande parte dos desprazamentos do equipo, ademais de organizar diferentes actividades non sempre vinculadas directamente ao fútbol, como visitas culturais e xuntanzas. Sempre en constante crecemento co obxectivo de concienciar sobre o estreito vínculo entre o Celta e a terrra.

O vindeiro 30 de novembro, ademais, queren festexar por todo o alto este aniversario. Vano facer cunha gran festa que se celebrará na sala viguesa Masterclub e á que queren invitar tanto aso seus membros como ao resto de peñistas doutros colectivos ou celtistas que compartan a súa filosofía.