Carcamáns celebra o seu 20 aniversario repetindo viaxe en catamarán

Será no Celta-Valladolid como xa fixeron no 2012, cando completaron por mar o percorrido entre A Illa e Vigo para partido fronte ao Xetafe

.

Vigo

Carcamáns está de celebración. O 2018 é o ano do seu vixésimo aniversario e non contentos con organizar a cuarta edición da Romaría Celtista no pasado mes de xuño, veñen de anunciar unha nova iniciativa a modo de festexo. Nesta ocasión viaxarán en catamarán desde a localidade onde a peña ten a súa sede, A Illa de Arousa, ata Vigo para acudir ao partido entre Celta e Valladolid que se disputará o sábado 22 de setembro ás 16.15 horas correspondente á quinta xornada do campionato de Liga.

Non é unha iniciativa novidosa, senón que a propia peña a desenvolveu xa con éxito no ano 2012. Daquela, tamén no mes de setembro, o encontro escollido foi fronte ao Xetafe. «O día da Virxe da Guadalupe un catamarán desplazouse ata Rianxo cheo de xente. Nós pensamos que podiamos facer o mesmo, pero para ir ver ao noso Celta, atravesando así as nosas bonitas rías», explicaba no seu día o que segue a ser o presidente de Carcamáns, Bele Dios. 

Hai seis anos, un cento de persoas se anotaran xa ás poucas horas de anunciarse que organizaban esta viaxe. Agora anuncian que irán proporcionando máis inoformación e detalles nos vindeiros días.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Carcamáns celebra o seu 20 aniversario repetindo viaxe en catamarán