Vigo

1986: Tal día coma hoxe, ha 32 anos, nacía un dos xogadores máis emblemáticos da canteira celeste, exemplo de esforzo, sacrificio e perseverancia. O gardameta Sergio Álvarez, coñecido polo alcume de O Gato, cumpre 32 anos e suma unha tempada máis no primeiro equipo do Celta, ao que chegou previo paso pola canteira. Este ano renovaba o seu contrato -que finalizaba este ano- por unha tempada con opción a outra máis.

.

Sergio comezou a dar patadas ao balón case a un tempo que a camiñar e comezou a xogar na súa localidade natal, pasando a continuación á base do Arousa. Aos 17 anos chegou ao Celta e con 18 xa era porteiro titular do Celta B, daquela dirixido por Rafa Sáez. Nos anos seguintes segiu sumando encontros, alternando cos dous porteiros que tiña como competencia , Yoel e Marcos Bermúdez. No curso 2998/2009 decidiuse cedelo ao Racing de Ferrol, logo de que nas tempadas anteriores xa fixese pretempadas co primeiro equipo.

De volta en Vigo seguiu no filial, pero viviu a súa estrea en Segunda, o 4 de xuño do 2011, nunha última xornada de campionato na que o Celta de Paco Herrera venceu 3-0 ao Cartaxena antes de disputar o fallido play-off. Ao ano seguinte xa tería un sitio de maneira estable, turnándose na titularidade con Yoel.

.

Xa co equipo en Primeira, a Sergio tocoulle exercer de suplente de Varas, que chegara a Vigo cedido polo Sevilla. Foi ese equipo fronte ao cal debutou Sergio o 5 de outubro do 2012. “Os debuts sempre se lle deron ben, eu digo que tiña que debutar sempre”, comentaba súa nai a Celta Media no seu día. Ese ano só xogou uns poucos partidos, igual que o seguinte, cando Yoel, de volta da súa cesión en Lugo, convenceu a Luis Enrique.

A chegada de Berizzo foi inicialmente sinónimo de continuidade para Sergio en Primeira. Aquel verán marchou Yoel ao Valencia e Rubén exeerceu como segundo porteiro. Disputou 38 partidos entre liga e Copa e chegou mesmo a ser escollido porteiro revelación da campaña 2014/2015 polos redactores da web da UEFA.

.

Nas dúas tempadas seguintes, a aposta de Berizzo fora rotar na portería, se ben as lesións do mosense fixeron que Sergio acabase acumulando moito máis protagonismo. As súas intervencións nalgunhas das eliminatorias da Europa League foron claves para que o equipo puidera acadar as semifinais do torneo.

 Un ano máis tarde, con Juan Carlos Unzué, O Gato enfrontábase a Rubén pola titularidade, pero tamén a un Iván Villar que decidiu quedar no primeiro equipo e loitar por un posto -marchando logo cedido no mercado de inverno-. Acabou disputando 20 partidos entre Liga e Copa. Este ano, a priori, os tres mesmos porteiros formados na canteria loitarán por un posto, aínda que unha nova lesión de Rubén fai que Sergio parta como favorito para iniciar o campionato baixo paus.

.

Actualmente son catro os xogadores do Celta que superan os 30 anos: Cabral, Rongaclia, Iago Aspas e o propio Sergio. Neste ano 2018 o de Catoira tivo, ademais, a honra de ser distinguido como fillo predilecto da súa localidade natal Catoira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O Gato cumpre 32 anos