Carlos Blanco será o pregoeiro da IV Romaría Celtista na Illa

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

Carcamáns organiza unha nova edición desta xuntanza de afeccionados do Celta

24 may 2018 . Actualizado a las 13:11 h.

Rematada a Liga, o celtismo non colle vacacións. Na Illa de Arousa contan os días para recibir a centos de afeccionados do Celta que compartirán con eles unha dobre celebración o vindeiro 16 de xuño. É a data escollida para a cuarta edición da Romaría Celeste (impulsada por Merlegos Celestes e no 2015 e continuada por Siareiros Dezaos e a Peña Muradana), un evento co que a peña máis numerosa do celtisto, Carcamáns, festexará a un tempo os seus 20 anos de vida. A última novidade en anunciarse foi que o pregoeiro será o actor, celtista e peñista seu Carlos Blanco.

Di o presidente da agrupación, Bele Dios, que están «moi contentos e ilusionados» ante o que se aveciña. «Esperemos que a xente se anime despois deste ano de transición a nivel futbolístico», comenta Promete a todos eses celtistas que se acheguen «sobre todo moita festa e bo comer».

.As entradas están á venda a en varios dos lugares onde existen peñas (por exemplo Nigrán, Compostela, Vigo e Lalín). No caso dos celtistas vigueses, puxéronse autobuses gratis para todos aqueles que adquiriran os billetes (os prezos van dos 20 euros de adultos con comida e concertos ata os nenos, para os que haberá festa infantil con colchonetas e festa da espuma. A data límite para inscribirse é o 30 de maio.

Entre as sorpresas que teñen preparadas están unha exposición na que repasan os 25 anos de Carcamáns ou o pregón dun dos seus socios máis populares, o actor Carlos Blanco. A música vai xogar tamén un papel fundmental.