Sergio Álvarez, doante de sangue celeste

O porteiro é a imaxe da campaña da Fundación Celta e ADOS


Vigo

O gardameta celeste Sergio Álvarez, doante de sangue desde que cumpriu a maioría de idade, é a imaxe da campaña para promover esta acción solidaria que organizan a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Fundación Celta. En virtude desta campaña, as persoas que doen sangue en calquera unidade móbil de Galicia ata o día 14 de abril recibirán unha camiseta celeste conmemorativa como agasallo.

«A experiencia de saber que estás axudando a unha persoa a salvar a vida é o máis gratificante. É un pequeno esforzo que non supón nada, perder quince minutos do teu tempo», reflexiona O Gato de Catoira. E quixo recordar tamén o gardameta que «mañá pode ser teu pai, teu fillo ou ti mesmo» quen necesite deste pequeno xesto por parte das persoas doantes.

A ollos de Sergio, «é importante facer forza e unir ás afeccións para unha cousa tan bonita e boa». E lembrou que non sendo evitar doar o día previo a un partido, non hai ningunha outra restrición que impida facelo nin a deportistas nin a ningunha outra persoa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sergio Álvarez, doante de sangue celeste