Cocido celeste e moito máis en Lalín

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

CEDIDA

Siareiros Dezaos organiza a súa tradicional comida, complementada con outras actividades

17 feb 2018 . Actualizado a las 10:51 h.

A Peña Siareiros Dezaos ten dúas citas anuais case tan ineludibles coma os partidos do Celta en Balaídos. Tralo magosto no outono, agora chega a quenda do seu Cocido Celeste, convertido xa tamén en toda unha tradición que a agrupación con sede en Lalín comparte cada ano con membros doutras peñas que se trasladan á capital do Deza para compartir con eles a xornada. En concreto confirmaron a súa presenza membros de Merlegos, Colectivo Nós, Dani Abalo, Natxo Insa, Lechuzas, CeltaBirras e Muradana Pepa Loba.

Aínda que coa comida como elemento central -con permiso do celtismo-, teñen previstas outras actividades. Comezarán cun viño de confraternización xunto cos membros dos outros colectivos celtistas presentes, e xuntos realizarán a continuación unha visita guiada polo Museo Etnográfico Casa do Patrón. Despois si será xa o momento de gozar do que presentan coma «o suculento e sabroso codido de Lalín».