Siareiros Dezaos organiza unha homenaxe póstuma a un dos seus fundadores

La Voz VIGO

GRADA DE RÍO

VETERANOS MINHOFER

Lalín e Celta de veteranos enfrontaranse en memoria de Tito Varela o vindeiro 6 de decembro

20 nov 2017 . Actualizado a las 10:01 h.

O Lalín e os veteranos do Celta mediranse o 6 de decembro nun partido homenaxe a Tito Varela organizado pola peña celtista Siareiros Dezaos, da que foi un dos seus fundadores e primeiro presidente. Moi vinculado ao Celta e ao deporte en xeral, Varela finou o pasado mes de setembro aos 57 anos vítima dun infarto fulminante.

A cita será ás 12.00 noManuel Anxo Cortizo e a continuación celebrarase un cocido de confraternidade no restaurante Agarimo cun prezo de 25 euros. As persoas que queiran asistir poden adquirir a invitación en Viños e tapas Suso, Fogar de Asorey, Orly, Taberna Café (Lalín) Maripepa (Silleda), Arume (Bandeira), Quirós (Rodeiro), Á Robleda (Vilatuxe) ou Casa Castro (Vila de Cruces). A data límite para adquirir as invitacións é o mércores 29 de novembro.