A Peña O Gato celebra a súa xuntanza anual este sábado

O gardameta do Celta adoita acudir a esta cita cos seus peñistas

.

Vigo

A peña celtista O Gato, de Catoira, celebra este sábado a súa xuntanza anual. Como vén sendo xa tradición, os integrantes da agrupación celtista da localidade natal de Sergio Álvarez aproveitan as vacacións estivais da plantilla para poder contar coa presenza do futbolista céltico, moi querido entre os seus veciños.

Nesta ocasión, a cita será na Parrillada Mondradón este vindeiro día 17, cun prezo de 20 euros para os socios da peña e de 25 para o público en xeral, sete euros para menores de dez anos e gratis para os menores de cinco. O último día para adquirir os tickets -dispoñibles en varios establecementos da zona- é o xoves 15.

Votación
1 votos

A Peña O Gato celebra a súa xuntanza anual este sábado