O BNG declárase «preparado» para as eleccións e Rego reivindícao como un «dique» contra os reaccionarios

La Voz

GALICIA

Europa Press

Néstor Rego defende que nos últimos tres anos o Bloque conseguiu avences concretos para Galicia grazas á súa capacidade para condicionar a política estatal

05 oct 2026 . Actualizado a las 13:44 h.

O Bloque Nacionalista Galego está «preparado» para enfrontar as eleccións xerais que o presidente español, Pedro Sanchez, vén de convocar de xeito adiantado para o vindeiro 29 de novembro. Unha cita cara a que a formación nacionalista se reivindica como «un dique fronte á onda reaccionaria».

«Máis BNG é sinónimo de máis dereitos e menos dereitas, e Galicia precisa máis BNG: máis defensa dos nosos intereses, máis políticas sociais e máis capacidade para frear a involución», proclamou esta mañá o representante do Bloque no Congreso dos Deputados, Néstor Rego.

Rego destacou que durante esta lexislatura o partido conseguiu avances concretos para Galicia grazas á súa capacidade para negociar e condicionar a política estatal, e engadiu que están «preparados» para volver poñer os intereses dos galegos por diante e para facer fronte á «dereitización» da política española.

Ademais, o representante do BNG na Cámara baixa defendeu o traballo feito pola súa formación no Congreso durante os últimos tres anos en favor de Galicia e das maioria sociais, augurando «un bo resultado» do Bloque nos recén convocados comicios.