El PSdeG firma un comunicado de apoyo «sen fisuras» a Pedro Sánchez: «Non todo vale»

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

José Manuel Gómez Besteiro, en la clausura de comité federal del PSOE en A Coruña
José Manuel Gómez Besteiro, en la clausura de comité federal del PSOE en A Coruña César Quian

Advierten que ya en Galicia sufrieron en primera persona «as artimañas dunha dereita que tenta conseguir coa manipulación o que non consegue nas urnas»

25 abr 2024 . Actualizado a las 18:21 h.

El secretario xeral del PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, y los cuatro secretarios provinciales firmaron este jueves un comunicado de apoyo al presidente del Gobierno, Pedro Sánchez. Alertan de una campaña de «acoso» que tanto él como su familia sufren desde hace meses por parte de sectores de «dereita e ultradereita». Recuerdan que este tipo de campañas ya existieron en Galicia, aunque sin llegar a hacer mención al PP como sí hicieron públicamente Besteiro o la actual vicesecretaria xeral, Lara Méndez.

Este es el comunicado: 

«As e os socialistas de Galicia queremos trasladar todo o noso apoio e solidariedade ao presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE pola campaña de acoso que sofre dende hai meses dende a dereita e ultradereita. Un acoso que nos últimos tempos se estendeu a varios membros da súa familia, co conseguinte desgaste persoal que iso provoca.

Os insultos e difamacións que tivo que soportar Pedro Sánchez dende a súa chegada á presidencia ameazan directamente o Estado democrático e converten o escenario político nunha lameira na que os socialistas nos negamos a entrar por respecto á nosa historia e á nosa militancia.

Galicia sufriu en primeira persoa as artimañas dunha dereita que tenta conseguir coa manipulación o que non consegue nas urnas. Cremos que esas prácticas son perigosas e fan necesaria unha reflexión, porque en política non todo vale.

As falsas acusacións, as descualificacións gratuítas e os embustes non teñen cabida na leal confrontación de políticas e ideas nin no labor de fiscalización dun Goberno elixido dende a lexitimidade constitucional.

A vontade da cidadanía, expresada primeiro nas urnas e despois a través dos seus representantes, é a única canle lícita para acadar a responsabilidade de dirixir un país. Calquera outro medio pon en cuestión as institucións que tanto custou consolidar. Ante as estratexias irresponsables que as poñen en perigo, todas e todos os demócratas debemos unirnos e actuar porque non todo vale».