CONTENIDO PATROCINADO
OFRECIDO POR VEGALSA EROSKI

A compañía galega de distribución alimentaria dá a coñecer a vida e obra dun dos principais fundadores da Editorial Galaxia e figura clave da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, en 215 dos seus supermercados e hipermercados Eroski, Eroski City, Autoservicios Familia e Cash Record en Galicia a través de 500 carteis conmemorativos e bolsas da compra de edición especial sobre o autor homenaxeado.O compromiso co idioma e a cultura galega é un dos valores esenciais da compañía, expresado tanto nas súas tendas e marca propia como nas súas colaboracións e patrocinios 

A rede comercial da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski súmase un ano máis á celebración do Día das Letras Galegas rendendo homenaxe ao autor recoñecido nesta edición, Francisco Fernández del Riego, a través dos establecementos das enseñas Eroski, Eroski City, Autoservicios Familia e Cash Record en Galicia.

215 dos seus establecementos contan xa nas súas instalacións con carteis conmemorativos para dar a coñecer a vida e obra deste ilustre intelectual, un dos fundadores da Editorial Galaxia e responsable, ademais doutro legado, dunha fonda contribución á Real Academia Galega. O grupo empresarial pon en valor unha mostra da súa obra con carteis deseñados polos alumnos do CEIP Juan Rey de Lourenzá (Lugo), e cunha tirada especial de 21.000 bolsas de papel e máis de 1.400.000 bolsas de plástico para as tendas da súa rede comercial das enseñas Eroski e Autoservicios Familia.

Como arranque da conmemoración desta efeméride, a compañía levou a cabo este luns no supermercado Eroski Center de Portanet, en Vigo, unha pegada simbólica de carteis na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García así como o director de Hipermercados, Supermercados e Gasolineiras, Florentino Vázquez, a directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director de Márketing da compañía, Julián Hernández.

foto_3

Galicia no ADN empresarial

A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os valores propios da identidade galega reflíctese no seu cadro de persoal, conformado por 6.914 traballadores, 6.146 en Galicia, e na súa firme aposta polos provedores galegos.

Tamén nas súas tendas, incluíndo o galego nos rótulos, na súa comunicación comercial e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúen á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas ou a difusión da cultura de Galicia a través do Ano Santo Xacobeo 2021-2022, como patrocinador oficial. Ademais, a compañía repite apoio un ano máis aos festivais galegos “Morriña Fest” (Culleredo), o “Resurrection Fest” (Viveiro) e o “Caudal Fest” (Lugo) ou accións como a iniciativa de intercambio artístico “Camiño Escena Norte”, entre outras.