«O espírito dinámico e activo da FP obríganos a estar sempre innovando»

GALICIA

Alumnos do CIFP Universidade Laboral aplicando solucións IOT para crear un galiñeiro intelixente, sensorizado e con distintas alarmas
Alumnos do CIFP Universidade Laboral aplicando solucións IOT para crear un galiñeiro intelixente, sensorizado e con distintas alarmas MIGUEL MIRAMONTES

Simuladores 3D, xeolocalizadores para maiores, galiñeiros sensorizados... Os centros galegos crean, deseñan e poñen en marcha todo tipo de iniciativas innovadoras aplicables dende o sector primario ata o sanitario ou os servizos sociais

16 feb 2023 . Actualizado a las 12:00 h.

Reciben premios da Administración, adóptanos empresas e profesionais, convértense en novas ferramentas de aprendizaxe nos propios ciclos... Dos centros de formación profesional galegos saen cada ano centos de iniciativas de innovación que son un exemplo de boas prácticas neste campo. Así que se optas por estes estudos, prepárate para estar á última. Porque avanzar cara ao futuro poñendo en marcha novas ideas, din, xa non é unha opción: vai no ADN da FP.

BEATRIZ MIRA - Profesora do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (OURENSE)

Un simulador da condución de ambulancia en 3D e con protocolos reais

Simulador 3D para a condución de ambulancias creado no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense
Simulador 3D para a condución de ambulancias creado no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense, está a desenvolver un proxecto que pode revolucionar o xeito de aprender para ao seu alumnado, pero que tamén podería converterse nunha ferramenta valiosa para os profesionais das emerxencias sanitarias. Trátase dun simulador de condución de ambulancias con tecnoloxía 3D, co que se pode adestrar esta habilidade en diferentes circunstancias e contornas. Ollo, porque non se trata dun simple videoxogo de condución, senón que vai máis aló. «Traballamos directamente co 061 para aplicar protocolos reais. Teñen que manexar o vehículo, elixir as mellores rutas, pero tamén traballar a comunicación de saídas e chegadas, do que está a suceder... Ten contido sanitario. Non existe nada tan concreto e completo. E poderíanse crear distintos escenarios: urbanos e rurais, con distintas condicións de tráfico e atmosféricas, distintos pacientes...», explica Beatriz Mira, unha das profesoras a cargo do proxecto, que involucra a docentes dos ciclos sanitarios e tamén dos de informática, e que conta coa colaboración de alumnado do curso de especialización en Desenvolvemento de Videoxogos e Realidade Virtual.

Agardan que software e hardware estean listos dentro de pouco tempo, para que os alumnos poidan utilizar o sistema. «Sería xenial poder compartilo tamén con outros centros, e podería empregarse para cursos de reciclaxe de profesionais en activo ou en procesos de acreditación de competencias», indica Mira.

O centro ten previsto presentar proximamente un proxecto para outro simulador 3D, neste caso sobre valoración de pacientes. «Cando traballamos con monecos somos nós os que temos que dicirlles aos rapaces: non respira, está pálido... Para que digan o que lles pode pasar e como actuar. Esta ferramenta sería máis realista, e permitiría ver se o alumno é quen de observar por si mesmo todas esas cousas sen as nosas indicacións», explican.

Tanto estas iniciativas como os simulacros de emerxencias que desenvolven ao longo do ano son posibles, resaltan desde o centro, grazas á colaboración de moitas empresas e entidades. «Sentímonos moi apoiados, sen toda esa xente non sería posible, estamos moi agradecidos. E é moi satisfactorio ver a boa acollida que teñen os proxectos. Innovar mellora a calidade da FP. Dá traballo, pero coido que esta ten que ser a maneira de traballar dende as Administracións públicas», sostén Mira.

GERMÁN TOJEIRO - Profesor do IES Monte Neme (Carballo)

Xeolocalizar a persoas con alzhéimer cunha rede de antenas

Raúl Facal, alumno do IES Monte Neme, de Carballo, amosa a unha parella de usuarios un xeolocalizador
Raúl Facal, alumno do IES Monte Neme, de Carballo, amosa a unha parella de usuarios un xeolocalizador ANA GARCÍA

Pode parecer ciencia ficción, pero o IES Monte Neme, de Carballo, foi quen de desenvolver a súa propia rede de antenas. O proxecto, que involucra a tres profesores do Departamento de Electrónica e a sete alumnos de ciclo superior, foi premiado o ano pasado con máis de 30.000 euros, e podería ter moitísimas aplicacións, dende a agricultura intelixente ou o monitoreo de gando ata evitar o roubo de colmeas, explica o coordinador do proxecto, Germán Tojeiro.

Pero, sen dúbida, unha das máis interesantes xa está en marcha. Tres familias están a probar un sistema de xeolocalización de persoas con alzhéimer ou demencia, que saen da casa cun pequeno aparello deseñado no centro e que se conecta á rede de antenas. «Espero que non chegue a facer falla, pero se algunha persoa se perde e logran atopala grazas ao noso GPS, sería unha alegría», contaba Raúl Facal, un dos alumnos asesores á nosa compañeira de La Voz de Carballo Marta López.

ricardo baamonde - Director do CIFP Universidade Laboral (Culleredo)

«A nivel innovación aplicada hai moito que facer»

Alumnado do CIFP Universidade Laboral do proxecto que aplica solucións IOT á pequena produción agrogandeira
Alumnado do CIFP Universidade Laboral do proxecto que aplica solucións IOT á pequena produción agrogandeira MIGUEL MIRAMONTES

«A innovación é totalmente necesaria en todos os ámbitos. A tecnoloxía cambia moi rápido e hai que adaptarse. Ademais, a nivel de innovación aplicada hai moito que se pode facer dende os centros de FP», defende Ricardo Baamonde, director do CIFP Universidade Laboral, de Culleredo. Por iso este centro procura participar en todas as convocatorias de proxectos innovadores das distintas Administracións. Ás veces é o profesorado o que leva a voz cantante, como no proxecto Sitmuga, no que crearon un simulador de turbinas de gas para formar aos alumnos na instalación tanto terrestre como mariña destes elementos. «Esta ferramenta non existía, e creárona os nosos profesores, incluíndo un deseño dunha maqueta en 3D dunha turbina», explica orgulloso Baamonde.

Noutros están plenamente involucrados os estudantes. Así, rapaces dos grupos de FP básica deseñaron e construíron unha fonte de auga intelixente con cero desperdicio de auga no marco do proxecto SmartSpringwater. A idea naceu a petición de Emalcsa, a empresa municipal de augas da Coruña, na procura de promover o consumo de auga da traída e, ao tempo, deixando claro que non é un recurso ilimitado. Xa hai unha fonte deste tipo funcionando no centro, e outra nas instalacións da propia empresa, como un exemplo do que se pode facer.

Actualmente, o CIFP está metido no proxecto Galimentrónica, que busca aplicar tecnoloxías de última xeración á produción artesanal de alimentos. «Estas ferramentas non só se poden aplicar á gandaría ou á agricultura intensiva. As pequenas explotacións ou os produtores ecolóxicos tamén poden beneficiarse. Trátase de solucións innovadoras, algunhas vinculadas ao IOT (internet of things, ou internet das cousas), pero sinxelas e económicas, que pode controlar sen problemas case calquera produtor: controis de temperatura e humidade, visión de 360 graos dunha instalación dende o móbil, alarmas que detectan a entrada de animais.... Tamén temos sistemas para control de colmeas, e como moitas están en lugares sen cobertura, empregamos outras tecnoloxías de comunicación», detalla Baamonde.

Neste marco desenvolveron varios proxectos, como galiñeiros con distintos sensores, incubadoras de ovos automatizadas, criadoras con termostatos para os primeiros días de vida dos poliños, biocompostadores monitorizados ou cultivadores de plantas con substrato calefactado e outros automatismos. O CIFP Universidade Laboral acude a citas punteiras, como o IOT Solutions World Congress, que hai unhas semanas se celebrou en Barcelona e ao que acudiron profesores e alumnos do mestrado en Fabricación Intelixente.

ana roel - Directora do CIFP Leixa (Ferrol)

Aula dental con tecnoloxía punta e proxectos que xa están nos hospitais

Alumnas facendo prácticas na Aula DentaLeixa 4.0, do CIFP Leixa, que conta con aparellos de tecnoloxía punta e uso profesional
Alumnas facendo prácticas na Aula DentaLeixa 4.0, do CIFP Leixa, que conta con aparellos de tecnoloxía punta e uso profesional CESAR TOIMIL

No CIFP Leixa, de Ferrol, tamén teñen moi clara a importancia da innovación. «Polo espírito tan dinámico e activo da formación profesional temos que estar sempre innovando, son ensinanzas pensadas para dar resposta ao sector produtivo, que é moi cambiante, e os rapaces teñen que estar o mellor preparados posible para ter a mellor inserción», di Ana Roel, directora do centro.

As convocatorias de innovación permiten, ademais, conseguir novos recursos para o ensino. Pasou, por exemplo, ao colaborar no proxecto dun prototipo de encolado en papel e cartón, coordinado dende o IES Montecelo. «É un recurso que custa miles de euros. Con este proxecto deseñamos un equivalente e así xa dispoñemos del», explican.

A relación estreita co sector produtivo é outro factor fundamental. «Grazas a esa conexión detectamos necesidades que teñen e tentamos darlles resposta», di Roel. Un exemplo foi a elaboración de material didáctico para o traballo coas emocións nas unidades hospitalarias, que xa se puxo a disposición dos hospitais galegos. Unha iniciativa que está a ter continuidade cun novo proxecto no que colaboran co Hospital Arquitecto Marcide, a ONCE e a Fundación Ingada, e que involucra a outros tres centros de FP da Coruña (Imaxe e Son, Ánxel Casal e Paseo das Pontes), ademais do centro de educación especial Nosa Señora de Lourdes. «Estamos traballando nun conto dinámico e interactivo. Vai incorporar linguaxe braille, pictogramas e tamén vai ir signado. Hai realidade aumentada, aplicación de deseño 3D... O resultado será unha ferramenta completamente innovadora, un produto que non existía. Agardamos que se poida presentar en maio ou xuño», avanzan.

Outro xeito de saltar cara ao futuro é participar en programas como o de Espazos de Tecnoloxía Aplicada da Xunta. A través desta iniciativa, o centro puxo en marcha o que bautizaron como Aula DentaLeixa 4.0. Nela simulan unha clínica odontolóxica que ten as últimas tecnoloxías: cámaras intraorais, escáneres bucais, sondas sen fíos... «É moi custoso, pero grazas aos 55.000 euros que obtivemos na convocatoria da Consellería de Educación máis o que achegaron outros departamentos e o propio centro puidemos poñer en marcha este espazo. Así os nosos alumnos saen preparados no uso de material punteiro», comenta a directora. Pero ademais a aula ponse a disposición de colexios profesionais, empresas e entidades, que tamén poden beneficiarse do seu uso, polo que o efecto positivo amplíase más aló do centro.

Este ano, o CIFP Leixa ten previsto presentar, cando menos, dous novos proxectos. «O obxectivo é sempre mellorar a cualificación profesional dos nosos alumnos e aumentar a súa empregabilidade, e iso tamén é bo para toda a sociedade, que se beneficia de ter mellores profesionais», defende Ana Roel.

MARÍA JESÚS PENA - Directora do CIFP A Granxa (Ponteareas)

«Abrimos nichos laborais inexistentes en Galicia»

A directora do CIFP A Granxa amosando conservas de millo doce ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez
A directora do CIFP A Granxa amosando conservas de millo doce ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez

O CIFP A Granxa, en Ponteareas, é outro exemplo de boas prácticas. O ano pasado dous dos seus proxectos foron galardoados nos premios de innovación na FP da Xunta. Un deles ten o suxestivo título de Paisaxes acuáticas: vexetación entre dous mundos. Trátase dun proxecto didáctico pensado para alumnos de FP básica no que aprenden o manexo e reprodución de plantas en acuarios e tamén en estanques exteriores.

«Aprenden a recrear paisaxes acuáticas, as técnicas coñecidas como aquascaping, pero tamén a creación dos tan de moda xardíns de chuvia. É un xeito de motivar aos rapaces, que están entusiasmados cos acuarios, pero tamén é moi innovador, porque estamos a abrir un nicho laboral, o do manexo de plantas en acuarios e estanques, que en Galicia apenas existe e do que en España tamén hai moi poucos profesionais, polo que esta formación dálle un plus ao noso alumnado», conta María Jesús Pena, directora do CIFP.

Varios dos acuarios nos que estudantes de FP básica do CIFP A Granxa aprenden a cultivar plantas e a crear paisaxes acuáticas
Varios dos acuarios nos que estudantes de FP básica do CIFP A Granxa aprenden a cultivar plantas e a crear paisaxes acuáticas

Espiga de millo doce e distintas presentacións: en conserva, ao baleiro e en fariñas
Espiga de millo doce e distintas presentacións: en conserva, ao baleiro e en fariñas

A segunda iniciativa para a que obtiveron financiamento está relacionada co cultivo do millo doce. «En Galicia apenas se cultiva, e pode ser un complemento moi interesante para as explotacións ecolóxicas. Así que involucrando a dúas familias de estudos do noso centro, a agraria e a de industrias alimentarias, tentamos estudar todo o seu ciclo e a súa adaptación ás condicións galegas, e tamén os distintos xeitos de valorizalo: presentándoo en fresco, envasado ao baleiro, en conserva, en fariña...», explican desde este centro, que leva máis dunha década participando en convocatorias de innovación, e non pensa deixar de facelo.

Tecnología profesional para ser punteros: la innovación como motor de la FP

«Los tiempos del carpintero con un lápiz en la oreja ya han pasado», decía un profesor del ciclo de Madeira de FP. Y es que ahora un estudiante de esta familia lo que maneja mejor que nada son los programas informáticos para la creación de piezas y la ejecución y colocación de estas. Claro que se trabaja con las manos, pero sobre todo asuntos puntuales o durante el aprendizaje, para saber bien qué se tiene que hacer. Pero la FP en Galicia es mucho más que la formación de operarios: es la preparación de profesionales cualificados y con una mentalidad diferente, que asume la necesidad del aprendizaje continuo.

Todos a una

¿Qué significa la innovación en FP? Hay varias líneas en este aspecto. Por un parte, el uso de tecnología en el aula. Los centros educativos, especialmente los centros integrados (CIFP), esos que solo ofrecen formación profesional, tienen a su disposición las últimas novedades del mercado en su campo, ya sean higienistas dentales o mecánicos de drones. Eso por sí solo no es suficiente, ya que el profesorado debe saber manejar con soltura todos esos aparatos y programas para poder explicarlos. Por eso, los cursos de formación continua de los profesores son tan potentes, para que puedan aprovechar al máximo las adaptaciones del propio instituto al mercado.

Y esta es otra de las patas del éxito tecnológico de la FP gallega: las empresas de cada sector están muy relacionadas con los institutos, advirtiéndoles de las novedades que van incorporando a sus factorías, y compartiendo conocimientos y experiencias con los docentes, que pueden tener excedencias en clase para trabajar en los centros y vivir de primera mano la realidad de la empresa. La innovación se ha convertido en el hilo conductor de los ciclos de FP, y cómo Administración, empresas, profesores y equipos directivos de los centros se han alineado para obtener el máximo rendimiento de las inversiones millonarias que se destinan a esta formación laboral.

Soluciones originales

Innovación no solo quiere decir tecnología, sino una manera más original de afrontar los problemas. Buscar nuevos productos, rediseñar los ya conocidos, mirar hacia nuevos mercados (por ejemplo, el veganismo en alimentación) o reducir el consumo de energía en casas y empresas son algunos campos en los que los centros educativos de FP están siempre aportando soluciones con perspectivas muy diferentes.

Premios a los mejores

Desde la Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades se fomenta la excelencia en los centros, y una de las maneras más interesantes es a través de los premios, en este caso a la innovación. Según el proyecto presentado, el año pasado se entregaron hasta unos 43.000 euros, una cifra que el centro emplea en la mejora de la dotación de recursos, lo que redundará en nuevos proyectos que consigan más premios y más dinero.

Innovación pedagógica

Cuando se habla de innovación también hay que hacer mención a la parte pedagógica. No solo es tener mucha tecnología, sino también otra forma diferente de acometer el aprendizaje. Es cierto que la FP lleva años de ventaja en ese sentido sobre la secundaria o el bachillerato, que tienen una mayor carga teórica. En formación profesional se aprende haciendo, y eso ya de por sí es innovación didáctica.

Pero en los últimos tiempos se ha dado un salto y hay, además de trabajo por proyectos, que involucran a más de un profesor, una forma de aprender socialmente muy interesante: el aprendizaje-servicio. Es decir, el alumno desarrolla un proyecto que no se queda en el interior del instituto, sino que revierte en la comunidad. Así, centros educativos, instituciones y agrupaciones de los más diferentes tipos trabajan para mejorar la vida de las personas más vulnerables o del conjunto de la ciudadanía.

Inglés para dar el salto

El nuevo decreto de ordenación de la FP, que mañana lleva el Ministerio de Educación y FP al Consejo Escolar del Estado, apunta a la importancia de que se estudie inglés como lengua profesional también en la FP. En Galicia hay una treintena de ciclos que tienen Inglés como materia lingüística —ya sea en general o en el inglés técnico— y nada menos que 73 ciclos plurilingües, con materias no lingüísticas en ese idioma. A eso se suman las experiencias Erasmus+, que permiten poner en práctica los conocimientos y abrir una ventana al exterior.