Pontón di que o galego «non ten límites», pero aprecia eivas na educación e no audiovisual

Juan María Capeáns Garrido
Juan Capeáns SANTIAGO

GALICIA

PACO RODRÍGUEZ

Propón unha canle televisiva infantil e xuvenil, e que a lingua sexa vehícular na escola

13 may 2022 . Actualizado a las 21:38 h.

Ana Pontón (BNG) cre que «o galego non ten límites» e que co idioma propio pódese triunfar en todos os ámbitos, desde a música a elaboración de contidos nas redes sociais, «pero precísase un goberno que o coide, que o potencia e que lle dea o lugar que lle corresponde dentro e fora de Galicia, desde o orgullo da nosa lingua e cultura», dixo tras un encontro con creadores que traballan nas canles máis utilizadas pola xente moza.

Nas vésperas da celebración do Día das Letras Galegas, a portavoz do Bloque asegurou en Santiago que «apoiar a lingua e a cultura propias e tamén apoiar o desenvolvemento persoal, benestar, alegría, pero tamén social e económico, por iso queremos máis futuro para o galego, impulsando un novo marco de igualdade lingüística no que ningunha persoa se vexa obrigada a superar barreiras en función da lingua que fale», explicou.

?Para impulsar ese ecosistema en torno a lingua, Pontón fixa as súas prioridades no sector audiovisual e na escola. A nacionalista crearía unha canle na TVG con contidos específicos infantís e xuvenís que serían un piar para desenvolver a creatividade nese campo. E, por outra banda, propón derrogar o «decreto da vergoña, con efectos letais para o galego, pois é o unico idioma do Estado que perde falante». Unha das solucións pasaría por devolverlle ao galego a condición de lingua vehicular no ensino «para que escola deixe de ser un elemento desgaleguizador», valorou.

Os recambios no Goberno

Sobre o momento político co cambio de presidente da Xunta, a líder do BNG descartou concederlle a Alfonso Rueda un tempo de adaptación. «Cortesía toda», dixo Pontón, que lembrou que o novo titular leva 13 anos no Goberno, «tempo suficiente». Sobre os posibles cambios a nivel de conselleiros, foi rotunda: «Eu cambiaría ao 100 %», co obxectivo de buscar «ideas para saír do declive».