A Xunta e Renfe homenaxean a Florencio Delgado Gurriarán polo Día das Letras Galegas 2022

la voz REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez (esquerda), e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, na sinatura do convenio de colaboración
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez (esquerda), e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, na sinatura do convenio de colaboración Sandra Alonso

A imaxe do autor valdeorrés aparecerá nos repousacabezas dos trens galegos

22 abr 2022 . Actualizado a las 19:24 h.

Co gallo do Día das Letras Galegas 2022, a Xunta e mais Renfe homenaxearán a figura de Florencio Delgado Gurriarán, o autor valdeorrés ao que se lle dedica este ano a celebración. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinaron este venres en Santiago un acordo de colaboración para renderlle homenaxe.

As dúas entidades desenvolverán accións conxuntas para promocionar a cultura e lingua galega a través dos servizos de Renfe Viaxeiros. Entre elas haberá unha exposición dos carteis gañadores do Concurso das Letras Galegas 2022 nos centros de ensino secundario. Ademais, a imaxe do autor, na versión institucional das Letras Galegas 2022 da Xunta, será visible nos repousacabezas dos trens de Alta Velocidade que prestan servizos Avant e Media Distancia nos corredores A Coruña-Santiago-Ourense e A Coruña-Santiago-Vigo.

O conselleiro Rodríguez destacou a importancia de que entidades como Renfe colaboren na difusión da imaxe do Día das Letras Galegas.