Gonzalo Caballero: «Pechei moitos bares e discotecas de Vigo, encántame a noite para todo»

Sandra Faginas Souto
sandra faginas REDACCIÓN

GALICIA

M.MORALEJO

O secretario xeral do PSdeG asegura que «a vida política é moi dura». «Recibín moitas puñaladas», confesa

26 jul 2021 . Actualizado a las 00:07 h.

Non fuma, non bebe alcohol, o seu vicio é o chocolate e se ten que escoller unha canción en galego elixe Lela e Negra Sombra. Gonzalo Caballero (Ponteareas, 1975) defínese como un home sen grandes altibaixos, desconfiado no político, que goza no tempo libre dos paseos coa súa cadela. «É a novidade da casa, os meus fillos de 5 e 9 anos pedíronnos un can e estamos encantados», conta.

—Primeiro da promoción, cum laude no doutoramento… Foi un chapón sen vida social?

—Non, sempre tiven moita actividade social, tanto no cole como na universidade, ao tempo estudaba moito e nunca se me deu mal.

—No seus tempos mozos era dos que cantaba: «¡Mata hippies en las Cíes!»… Viviu a movida?

—[Ri]. Un xa ten 46 anos e pasou por moitas etapas, pero si que tiven un certo compoñente noctámbulo tanto para estudar como para saír cos amigos, para todo. Eu non son da propia movida, son un pouco posterior, pero na miña etapa moza pechei moitos bares e discotecas en Vigo.