¿Qué hay que hacer con Meirás? Esto es lo que opinan tres de los expertos elegidos por la comisión oficial

Los catedráticos en Historia Xosé Manoel Núñez Seixas, Isabel Burdiel y Ramón Villares coinciden en que el edificio ya en manos del Estado ha de ser un elemento vivo, aunque hay diferencias sobre si debe primar el recuerdo a Emilia Pardo Bazán o a la memoria antifranquista

Xosé M. Núñez Seixas, Isabel Buriel y Ramón Villares
Xosé M. Núñez Seixas, Isabel Buriel y Ramón Villares

Redacción

Meirás ya es patrimonio público, pero ahora toca decidir quién gestionará las torres construidas por Pardo Bazán de las que se adueñaron los Franco durante casi 80 años. La huella del dictador es indeleble en un edificio que la escritora concibió como un canto a las artes. Tres miembros del grupo de expertos propuesto por las distintas Administraciones (Estado, Xunta, Concello de Sada, Concello de A Coruña y Diputación de A Coruña), por la Real Academia Galega y el Consello da Cultura, exponen sus visiones.

Xosé  Manoel Núñez Seixas, catedrático de la USC
Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de la USC

Xosé M. Núñez Seixas: «Queremos unha resignificación crítica, non un centro turístico»

Proposto polo Goberno central para o grupo de expertos, Xosé Manoel Núñez Seixas estivo antes á fronte do comité sobre Meirás no Parlamento galego. Premio Nacional de Ensaio 2019, en abril o catedrático de Historia Contemporánea da USC publica novo libro, Guaridas del lobo (Crítica), que se traducirá ao inglés e no que fai un percorrido polos refuxios dos ditadores europeos.

—Meirás non semella un tema fácil.

—Suscitará controversia durante anos porque, ao igual que outros lugares de memoria vinculados á vida privada e á dimensión pública dos ditadores do século XX, evoca demasiados aspectos íntimos e da súa biografía persoal. Non só pasa aquí. Pasou, e pasa, en Portugal, Italia, Alemaña ou Austria, onde se vai converter a casa natal de Hitler nunha comisaría, para evitar o que se coñece como turismo negro. Ás veces, perdemos a capacidade comparativa, pero non quero que, como nestes casos, o debate se prolongue outros corenta anos. O bo é que temos unha vantaxe relativa.

—Cal é esa vantaxe?

—Meirás ten unha historia anterior a Franco. Foi un cenáculo da sociedade literaria de Galicia con Emilia. Despois, antes da guerra, no seus terreos está a casa onde se reuniron os membros da sociedade vinculada á CNT que protagonizaron un importante conflito agrario entre 1932 e 1933. Pero Pardo Bazán non se pode converter nunha desculpa para pasar por alto o franquismo. Ao mesmo tempo, a memoria democrática debe restituír na súa xusta medida a Pardo Bazán sen caer en anacronismos.

—Poderán convivir as dúas figuras?

Non creo que se poida borrar dun plumazo a historia logo de Pardo Bazán, como tampouco creo que se poida esquecer a historia de Meirás antes de Franco. Non temos que pelexar nin crear unha falsa dicotomía. Debe buscarse unha resignificación crítica integral, non un centro turístico, mediante un relato que faga fincapé nos valores da memoria democrática e nos dereitos humanos, e esa pode ser unha ponte entre as dúas figuras. Ademais, non é tanto Franco, senón os valores que o franquismo proxectou en Meirás. Evitalos non sería xusto coa memoria crítica do pasado recente, fundamental para crear unha sociedade con firmes valores democráticos. Meirás debe ser un lugar de visita cunha exposición permanente que abranga todas as súas fases. Desde o silencio e esquecemento tralo franquismo á tolerancia coa recente loita da sociedade civil para recuperalo. Todo isto acompañado dun centro de estudos e documentación.

Isabel Burdiel, catedrática de la Universidad de Valencia
Isabel Burdiel, catedrática de la Universidad de Valencia

Isabel Burdiel: «Emilia Pardo Bazán debe ser la protagonista, Meirás tiene que ser algo vivo,  no un mausoleo»

Premio Nacional de Historia 2011 y autora de la última biografía sobre Pardo Bazán, la catedrática de la Universidad de Valencia Isabel Burdiel respondeque accede a formar parte de este grupo, en su caso a propuesta de la Xunta, como algo «excepcional». «No suelo participar en este tipo de cosas. Lo hago por un sentido de responsabilidad», añade.

—¿Cuál debe ser la prioridad?

—Emilia Pardo Bazán tiene que ser la protagonista. El objetivo marco debe ser restituir su memoria, la de la gran autora gallega, española y europea que fue, que no nos damos cuenta de lo enorme que fue. El legado de Pardo Bazán, el del feminismo y sus escritoras contemporáneas, también es memoria democrática. Ahora bien, nadie en su sano juicio debe tener dudas de que hay que contar toda la historia, y eso incluye la ocupación por parte de la familia Franco y lo que la hizo posible. Un profesor de Historia del Arte de la USC, Jesús Ángel Sánchez, hizo un trabajo de documentación muy bueno sobre la creación de las torres. Coincido con él en que tenemos que poner Meirás en relación con lo que se hizo en Europa con otras grandes casas de escritores, como Vítor Hugo, Alexandre Dumas o Walter Scott, e integrar dentro de la historia del edificio a los Franco y contraponer de esa manera las dos figuras.

—¿Qué opinaría Emilia si viese en lo que convirtieron los Franco su residencia?

—Pardo Bazán es una figura controvertida, sí, con sombras, pero con luces enormes y de largo alcance. Creía en la tolerancia y la diversidad. No pienso que los que ocuparon Meirás creyeran en eso. Si toda la élite española fuese así, no hubiesen apoyado el alzamiento. La violencia que se hizo sobre esta propiedad fue física y económica, pero también simbólica y moral. Meirás es un monumento diseñado por la propia Emilia a la imaginación creativa, a la cultura. Eso es lo que hay que rescatar y contar porque es historia de Galicia y de España, cómo y por qué se ocupó por el dictador.

—¿Cómo ve Meirás en unos años?

—Se trata de que sea algo vivo, no un mausoleo. Sería estupendo que acogiese una biblioteca o un centro de estudios sobre las escritoras y cómo la novela se convirtió en el gran género femenino. Crear contenidos interesantes de verdad y de largo recorrido, que atraigan público a futuro. Verdaderamente, todo, que sea algo mediocre o esté a la altura de la historia del edificio, depende del presupuesto. ¿Hay voluntad de invertir en Meirás? El dinero quita disfraces.

Ramón Villares, catedrático de la USC
Ramón Villares, catedrático de la USC

Ramón Villares: «Vai ser difícil, pero de aquí pode saír algo grande»

Foi un dos expertos seleccionados, e o historiador da USC e expresidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, aceptou o reto «non por razóns políticas, senón por responsabilidade intelectual», destaca.

—Emilia ou Franco, a quen antepoñer?

—O papel de Emilia Pardo Bazán é innegable. Foi a que herdou e transformou Meirás. Pero é evidente que ese lugar foi dalgún xeito profanado, ocupado pola familia Franco, camuflándoo como unha titularidade particular que se resolveu era falsa. Pero, primeiro, pasados os recursos xudiciais iniciais, hai que constituír a finca dentro do patrimonio do Estado. Hai moitas posibilidades, pode facerse un consorcio, depender dun organismo público ou dun padroado. Ningunha solución é perfecta nin mala. Logo vén a segunda parte. Despois de 80 anos que leva así, temos a obriga de reparar nisto e pensar con certa calma non só nos que ocuparon ese edificio, senón nos públicos aos que hai que dirixirse á hora resignificalo e darlle un contido. Meirás non pode ser flor dun día. Unha cousa é ter un continente, outra que teña algún interese para a sociedade do futuro.

—Que quere dicir con iso?

—Meirás e A Coruña foron a capital de verán do franquismo durante 40 anos. Toda a zona está chega de recordos da ditadura, non se pode dicir que non existiu, pero non podemos quedarnos atrapados por unha visión simplemente franquista e presente. Interesa saber cal era a habitación na que durmía Franco? Ten certo morbo, pero iso nun ano acábase. Ten que ter un contido intemporal. Ademais, non é un xoguete, temos que pensar en facela viable economicamente.

—Unha segunda casa-museo de Emilia, entón, a maiores da que está na Coruña, xunto coa Real Academia Galega?

—Aos escritores facíaselles primeiro unha estatua, logo unha fundación e despois unha casa-museo. Creo que hai que volver ás casas, pero non creo que Meirás deba ser só iso. É unha ocasión extraordinaria para facer unha lectura integrada, tamén dos espolios que viviron os veciños ou da importancia que tiveron as Mariñas coruñesas, onde hai outras casas, como a de Juana de Vega. O diálogo vai ser difícil, pero de aquí pode saír algo grande.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
8 votos
Comentarios

¿Qué hay que hacer con Meirás? Esto es lo que opinan tres de los expertos elegidos por la comisión oficial