Serafín Pazos-Vidal: «O despoboamento nunca se tratou con rigor en Galicia, agora non hai escusas»

Manuel Varela Fariña
manuel varela REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

Serafín Pazos-Vidal, doctor en Unión Europea y director de la oficina de Bruselas de la Convención de Autoridades Locales Escocesas
Serafín Pazos-Vidal, doctor en Unión Europea y director de la oficina de Bruselas de la Convención de Autoridades Locales Escocesas

O analista galego é o autor do cambio de criterio da Unión Europea sobre despoboamento que habilita a 185 concellos a recibir fondos Feder

11 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata esta semana, a única referencia que tiña Europa sobre o despoboamento era Laponia. O analista galego Serafín Pazos-Vidal, doutor en Unión Europea, é autor do novo criterio, que permitirá a 185 concellos beneficiarse da nova liña de fondos Feder.

—Por que se contemplaba só Laponia ata agora?

—A UE expandiuse cara Escandinavia no 1995, pero como son países moi ricos, non ían recibir fondos. Decidiron crear un recoñecemento no tratado para que sempre tivesen a garantía dun investimento. Supuxo que tivesen ese privilexio, pero significou un problema nas negociacións, nas que houbo reticencia a estender esta categoría a outras rexións. Sentían que perdían esa especificidade, o cal non é certo. Houbo que facer moita pedagoxía.

—Que supón o novo criterio?

—Con esta definición xeral imos estimular unha discusión en Rumanía, Letonia ou Lituania, territorios que están nun momento similar ao desenvolvemento español dos anos setenta facendo autopistas na capital sen mirar cara o resto do país. Este regulamento facilitará que mesmo a sociedade civil deses territorios fale deste problema. Que se cambie a forma de pensar nestes asuntos é o máis importante a medio prazo, máis alá dos cartos.

—Como o fará en Galicia?

—Agardo que axude a cambiar os termos do debate. Nos fondos europeos actuais non estaba concretado. Agora, con esta definición, as deputacións, consellerías e o Parlamento comezarán a falar disto claramente. Estas cuestións estarán á hora de deseñar os programas operativos de Galicia que teñen que comezar agora. Son debates que non se teñen feito en Galicia co suficiente rigor. Agora xa non hai escusas.

—A definición sobre despoboamento afectaría a 185 concellos. É realista pensar que as axudas europeas cheguen a todos?

—O novo concepto permite focalizar o problema. Cando falamos de recursos hai que contrastar esta definición con outros principios dos fondos europeos como o de partenariado ou de asociación, que é consultar aos concellos na relación dos programas, e o de concentración e adición, é dicir, investir pero sen repartir tanto que queden catro pesos por concello. Iso non vale nada porque hai que facer programas tractores. Ata agora, o despoboamento era algo abstracto, para o que xa se faría algunha iniciativa. Agora vemos cales son os territorios prioritarios, temos estes cartos e hai que pensar que facer.

—Por exemplo?

—Igual un alcalde ve que unha infraestrutura no concello do lado está favorecendo ao seu, porque xa non ten que ir á capital de provincia. Estase modulando o problema, que ata agora era inabarcable e non permitía facer nada en concreto. O goberno bipartito fixo estratexia de equilibrio demográfico e o actual tamén ten o seu plan. Agora todo ese traballo hai que levalo aos fondos europeos usando esta definición e o principio de partenariado, concentración e de adición, non obras dun día que non transcendan, senón que sirvan para algo. Como dicía De Gaulle: «Gobernar é escoller. Agora hai criterios».

—A partir de xaneiro chega un enorme investimento dende a UE, pero aínda non se empregaron a metade dos Feder asignados a Galicia no marco 2014-2020.

—Agora hai un período de graza no que se gastarán boa parte dos cartos que se destinaron a Galicia. Pero esta situación non é boa conselleira para facer proxectos. Esta lentitude indica que as capacidades administrativas non son as mellores e que igual só se fan proxectos para facturar. Se tardas moito e apuras ao final, acabas facendo proxectos para dicir que gastaches os cartos. Iso é algo que, neste momento, temos a oportunidade de pensar.

—Haberá tempo para facelo?

—O problema é que agora quedan tres anos para xustificar e gastar esa outra metade dos cartos europeos do período anterior, preparar os novos plans Feder e pensar os proxectos de gasto e gastar nos próximos tres anos o chamado Plan de Recuperación. É un desafío loxístico enorme. O Goberno español prepara un real decreto para simplificar procedementos, pero sen máis recursos humanos e administrativos pode haber un problema de absorción.

Zona despoblada en la provincia de Ourense, antes de A Gudiña

La UE cambia su criterio y permite ahora que 185 concellos puedan acceder a fondos europeos por despoblación

Manuel Varela

Más de la mitad de los ayuntamientos gallegos podrán acceder a una nueva línea de inversiones desde Bruselas tras un cambio de criterio en el reglamento del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder). El próximo marco financiero comunitario, que abarca desde el próximo mes de enero hasta el año 2027, amplía el concepto de las áreas despobladas, que hasta la fecha solo atendía a las regiones más septentrionales del continente, como Laponia, o territorios insulares y montañosos. Así, se incluirán también provincias o entidades locales que hayan perdido, de promedio, un 1 % de población interanual entre el 2007 y el 2017. También contempla los casos de municipios con una densidad demográfica de 12,5 habitantes por kilómetro cuadrado.

Seguir leyendo