A líder da oposición no Parlamento de Galicia responderá as preguntas dos lectores de La Voz de Galicia o próximo mércores 28 de outubro a partir das 19.00 horas. Podes seguir a entrevista en lavozdegalicia.es e no perfil de La Voz en Facebook
25 oct 2020 . Actualizado a las 23:45 h.«Onte non acabou nada, onte empezou todo». Así se expresaba Ana Pontón apenas unhas horas despois de coñecer o resultado das eleccións autonómicas do pasado 12 de xullo. Despois dun primeiro aprazamento pola pandemia do covid-19, o BNG convertíase nestes comicios na segunda forza do Parlamento de Galicia.
Coa nova lexislatura xa en marcha e ante os retos sen precedentes que supón a pandemia do coronavirus, que pregunta lle farías á líder do Bloque Nacionalista Galego? Cal é a inquietude que lle queres trasladar?
Os lectores de La Voz de Galicia poden enviarlle as súas preguntas a Ana Pontón a través do seguinte formulario. A portavoz nacional do BNG responderá en directo nunha entrevista que se poderá seguir na web de lavoz.es e a través do perfil de La Voz en Facebook. A cita, o mércores 28 de outubro a partir das 19.00 horas.
Se non podes ver correctamente o formulario, preme aquí.