Pancho Casal: «Os nosos van ser os deputados máis útiles do Parlamento de Galicia»

Susana Luaña Louzao
s. luaña REDACCIÓN / LA VOZ

GALICIA

El selfi del candidato.

06 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Pancho Casal afronta o ecuador da campaña con optimismo, malia non estar satisfeito do seu papel no debate da TVG. «Podería telo feito moito mellor, pero arrepentido de presentarme non estou porque vexo que este proxecto é clave para que haxa unha alternativa en Galicia».

-Canso?

-Un pouco. Durmir cinco horas diarias agora que xa non son un rapaz... Estou rodeado de xente de vinte e pico que van como unha moto.

-As enquisas non lles dan representación...

-En dúas semanas case triplicamos a intención de voto, e os nosos datos nos din que en Pontevedra xa estamos por riba do 5 % e que temos garantido un deputado, e na Coruña estamos moi cerca. Os nosos van ser os deputados máis útiles do Parlamento de Galicia. Cada vez vexo máis claro que a proposta dun partido galeguista centrado é imprescindible para Galicia.

-Atrévese a facer unha porra?

-Ao PP, 37; para o tripartito de Sánchez, 34, e 4 para Marea Galeguista.

-E ao día seguinte?

-Falar con todos. Se o noso resultado é decisivo, non imos ter esixencias de ningún tipo. A única, que non se faga un goberno por capelas para repartir postos. Hai que contar con toda a cidadanía, mesmo coa que vota ao PP. Eu, apostaría incluso por que os conselleiros non formen parte das estruturas dos partidos. Teñen que ser o mellor da sociedade.

-Estarían dispostos a apoiar ao PP se os necesitara?

-Non, a nosa aposta é por un cambio de goberno, e máis aínda logo da experiencia destes anos nos que o Partido Popular tivo amordazado ao Parlamento. Nós apostamos por un goberno de progreso, pero que non estea supeditado ao que lle digan desde Madrid.