O BNG presenta o Galtren, a súa proposta para mellorar a mobilidade en Galicia 

la voz REDACCIÓN

GALICIA

BNG

Os candidatos ao Parlamento galego por Lugo e A Coruña, Olalla Rodil, e Xosé Luis Rivas, Mini, falaron na estación de ferrocarril de A Coruña de cómo a formación nacionalista quere cambiar o modelo ferroviario galego

21 jun 2020 . Actualizado a las 18:59 h.

Foi un acto matutino, un acto baixo unha pequena carpa ubicada na estación de ferrocarril de A Coruña, unha das estacións con máis tráfico de pasaxeiros de Galicia. Alí os candidatos do BNG ao Parlamento galego por Lugo e A Coruña, Olalla Rodil, e Xosé Luis Rivas, Mini, respectivamente presentaron un dos eixos do programa de mobilidade da formación nacionalista. Foi a creación dun ente público que dé unha volta ao actual modelo ferroviario, ademáis de promover un sistema de cercanías, O Galtren. O obxectivo, como defendeu  Olalla Rodil, é que «o noso país  colla o tren e dispoña dun modelo de mobilidade racional, eficiente e sustentable».

Antes diso describiu que o actual modelo «lonxe de mellorar, foi empeorando as liñas, os horarios e, en moitos casos como acontece en Ourense, encareceuse o servizo». E puxo como exemplo o que acontece en Lugo:  «toda a provincia continúa sen electrificar. E a cidade de Lugo é a única do país que non conta cunha conexión directa con Santiago». Non é moito mellor o que, como describeu Mini, ocurre en A Coruña, concretamente na liña que une A Coruña e Ferrol ou de cómo as herbas enchen a vía nalgúns tramos da liña que vai de Fene a Ribadeo: «Ir de Ferrol a A Coruña nos leva hora e pico e non hai un horario axeitado para que poidan ir os estudantes ou os traballadores. Iso non se concibe nunha Galicia do século XXI».