¿Cuándo serán las elecciones gallegas? Ni los propios partidos lo tienen claro

Las cuatro fuerzas con representación en el Parlamento gallego priorizan la resolución de la crisis sanitaria. Estas son sus respuestas ante una situación política inédita

De arriba a abajo y de izquierda a derecha, Miguel Tellado, secretario xeral del PPdeG; Gonzalo Caballero, líder del PSdeG y candidato a la Xunta; Antón Gómez-Reino, candidato a la Xunta por Galicia en Común; y Ana Pontón, portavoz nacional del BNG y candidata
De arriba a abajo y de izquierda a derecha, Miguel Tellado, secretario xeral del PPdeG; Gonzalo Caballero, líder del PSdeG y candidato a la Xunta; Antón Gómez-Reino, candidato a la Xunta por Galicia en Común; y Ana Pontón, portavoz nacional del BNG y candidata

Redacción

Galicia está, también políticamente, ante un momento extraordinario, con su Parlamento disuelto, funcionando a medio gas con un reducido grupo de diputados, con unas elecciones suspendidas desde marzo, con una legislatura que debería acabar el 24 de octubre, y con un escenario incierto para saber cuándo se podrá elegir al inquilino de San Caetano para los próximos años.

Tan incierto esto, tan dependiente del complejo contexto sanitario, que ni los propio partidos son capaces de dar algo de luz. La prioridad, coinciden, es superar la crisis del covid-19. Y solo luego, unos comicios con todas las garantías. Los cuatro partidos con representación contestan a La Voz al mismo cuestionario sobre el futuro electoral. El PP deja entrever que podrían ser de nuevo con las vascas (previsiblemente en julio), mientras el PSdeG apunta al mes de septiembre. Estas son sus explicaciones: 

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG

1. Cando prefire as eleccións galegas do 2020: xullo ou outono? Por que?

Estamos centrados na loita contra o virus. A gravidade da pandemia e os riscos de que haxa novos contaxios fan que a nosa prefetencir sobre a data electoral vaia a coincidir ao milímetro co entorno no que os expertos crean que haberá maiores garantías sanitarias para celebralas.

2. É partidario de facer unha campaña electoral convencional, reducida ou non facer?

Haberá que ter en conta o que digan os expertos, o prioritario será a saúde da xente. Adecuaremos a forma de difundir a nosa mensaxe á realidade sanitaria que teñamos en Galicia e ás recomendacións sanitarias que rixan no momento en que teñan lugar a campaña e as eleccións.

3. É partidario de facelas ao tempo que o País Vasco para que non haxa dúas eleccións por separado?

É certo que Galicia ten capacidade para determinar cando deben ser, pero tamén é unha realidade que nas útlimas tres ocasións coicindiron.

4. Estaría disposto a que, chegado o caso, se prorrogara a lexislatura máis aló deste ano?

Insisto en que o único que nos preocupa é que se podan facer con todas as garantías. O "cando" é relevante pero o máis importante é o "como". A data concreta non ten relevancia. Que as inevitables eleccións se celebren no momento menos inseguro dende un punto de vista sanitario.

 

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE e candidato á Xunta

1. Cando prefire as eleccións galegas do 2020: xullo ou outono? Por que?

A nosa prioridade está na loita contra a crise da Covid19. O acordo que permitiu o aprazamento electoral establece que a convocatoria das eleccións galegas farase ao rematar o estado de alarma e de emerxencia. Apuntamos entón que as eleccións podían aprazarse ata setembro. Feijóo anda preocupado e o pasado domingo reclamou o fin do estado de alarma nun exercicio de irresponsabilidade moi grave que a cidadanía non lle vai perdoar. Feijóo é o único galego que pensa máis nas eleccións que na crise e na desescalada.

2. É partidario de facer unha campaña electoral convencional, reducida ou non facer?

España é unha democracia avanzada e supoño que ninguén en Galicia busca reducir a calidade democrática. Calquer proceso electoral debe cumprir coas garantías democráticas necesarias.

3. É partidario de facelas ao tempo que o País Vasco para que non haxa dúas eleccións por separado?

Feijóo converteuse no irmán pequeno de Urkullu e nós queremos buscar o mellor momento para que os galegos poidan votar coa maior normalidade posible.

4. Estaría disposto a que, chegado o caso, se prorrogara a lexislatura máis aló deste ano?

O PP, e ata os seus socios de Vox, saben que as lexislaturas duran catro anos. En 2016 as eleccións foron en setembro.

 

Antón Gómez Reino, secretario xeral de Podemos Galicia e candidato por Galicia en Común-Anova-Mareas

1. Cando prefiere as eleccións galegas do 2020: xullo ou outono? Por que?

En Galicia en Común-Anova Mareas non estamos pensando, nin queremos nin podemos pensar, nas eleccións. O que nos interesa e facer propostas razoables para salvar vidas, para garantir unha saída á crise e para reconstruir o país.

2. E partidario/a de facer unha campaña electoral convencional, reducida ou non facer?

Do que son eu partidario é de salvar vidas e de axudar a reconstruir o meu país. Os datos indican que en Galicia aínda estamos nunha fase crítica da emerxencia sanitaria. A campaña electoral é algo totalmente secundario.

3. É partidario/a de facelas ao tempo que o País Vasco para que non haxa dúas eleccións por separado?

As eleccións galegas deben celebrarse cando todo isto acabe. Non antes.

4. Estaría disposto a que, chegado o caso, se prorrogara a lexislatura máis aló deste ano?

Estou seguro de que o esforzo e o exemplo cívico que está a dar a cidadanía galega vai ter resultados, que imos vencer á epidemia e que pronto poderemos volver á normalidade, de forma que nin siquera haxa que preguntarse algo así.

  

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta

1. Cando prefire as eleccións galegas do 2020: xullo ou outono? Por que?

Neste contexto de pandemia, a data electoral non é unha cuestión de preferencia dos partidos políticos, porque estamos ante unha situación excepcional que afecta a saúde das persoas con consecuencias dramáticas. O BNG foi a primeira forza en pedir a desconvocataria porque a prioridade era a saúde dos e das galegas e por iso a data electoral do Bloque é clara: cando se poda votar coas máximas garantías sanitarias, nin un minuto antes, nin un minuto despois. Con ese criterio, non ten sentido convocar eleccións mentres estea en vigor o estado de alarma e así esta recollido no decreto de desconvocatoria de marzo que o propio Feijóo asinou do seu puño e letra. Salvagardar a saúde debe ser o criterio.

2. E partidaria de facer unha campaña electoral convencional, reducida ou non facer?

Evidentemente a campaña electoral ten que estar en función do contexto sanitario e das medidas establecidas para a contención social da pandemia. Pero tamén é certo que hai que garantir o dereito da sociedade a coñecer a pluralidade das propostas políticas, garantir o seu dereito ao contraste, ao debate e a coñecer os proxectos cos que se presenta cada forza política nunhas eleccións nas que Galiza se xoga moito. Por exemplo, é imprescindible que os medios públicos deixen de actuar como canle de propaganda particular do PP para garantir a pluralidade e que os galegos e as galegags coñezan as alternativas, os programas e as medidas das distintas forzas políticas.

3. É partidaria de facelas ao tempo que o País Vasco para que non haxa dúas eleccións por separado?

A data das eleccións galegas debe marcarse desde Galiza sen condicionamento do que fagan en Euskadi. É unha potestade do presidente da Xunta, polo que non ten sentido que, unha vez máis, o señor Feijóo decida ir a rebufo do lendakari Urkullu, e non hai tampouco ningunha obriga de facer coincidir procesos electorais. Insisto, Galiza debe establecer a súa cita coas urnas en función da nosa realidade.

4. Estaría disposta a que, chegado o caso, se prorrogara a lexislatura máis aló deste ano?

Esta opción só se xustificaría ante un rebrote moi grave da pandemia e, obviamente, é un escenario que esperamos non se produza porque o obxectivo é ganar a batalla ao coronavirus canto antes, reducindo ao máximo o xa dramático custe en vidas humanas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
30 votos
Comentarios

¿Cuándo serán las elecciones gallegas? Ni los propios partidos lo tienen claro