Medra o interese polo estudo do galego entre o alumnado do Bierzo e Puebla de Sanabria

Un total de 1.146 estudantes optaron este ano por ese idioma nos centros educativos adscritos ao programa para a súa promoción nos territorios limítrofes


redacción

O estudo do galego cobra interse máis alá das fronteiras administrativas de Galicia. Basta con comprobar como o número de alumnos que elixiron esa opción en áreas como O Bierzo ou Puebla de Sanabria leva unha tendencia ascendente ao longo dos últimos tres anos.

De feito, neste curso, un total de 1146 estudantes aprenden galego nos centros educativos adscritos ao programa de promoción deste idioma nos territorios limítrofes, 34 máis que o ano anterior. As cifras déronse a coñecer durante a reunión de seguimento do programa na que participaron, entre outros, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros, Planificación y Ordenación Educativa de la Junta de Castilla y León, José Miguel Sáez Carnicer.

O incremento do alumnado dase tanto en infantil e primaria como en secundaria ou na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. De feito, sobre en 14 estudantes no primeiro caso, en 15 no segundo, en 5 no terceiro, e 3 no cuarto.

Os centros que están adscritos ao programa son un total de 19, dos que 14 son CEIP ou CRA e 4 IES.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Medra o interese polo estudo do galego entre o alumnado do Bierzo e Puebla de Sanabria