«Hai casos en que cando chega a licenza, a persoa xa morreu»

Borja casal / J. C.

GALICIA

PACO RODRÍGUEZ

19 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Un permiso de obra para adaptar unha vivenda ou facer un ascensor pode tardar máis dun ano. O responsable de mobilidade da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Álvaro García, afirma que estes retrasos limitan a autonomía de moitas persoas.

-Que problemas detectan na tramitación municipal?

-O principal problema é coas licenzas de obra. Un dos casos que estamos denunciando é o dos ascensores, xa que hai moitas persoas que os necesitan para acceder ás súas casas. Algúns permisos están tardando un ano e mesmo hai casos en que cando chega a licenza, a persoa que necesita o ascensor xa morreu. Hai outras reformas que tamén tardan bastante en conseguir o permiso, xa que algúns proxectos necesitan documentación complementaria que alonga o trámite durante meses.

-Que dificultades encontran as persoas con discapacidade cando solicitan unha praza de aparcamento?

-A maior dificultade é para aquelas persoas cunha discapacidade sobrevida. Despois de que lle valoren a discapacidade, que pode tardar máis dun ano, teñen que facer o trámite municipal para pedir a praza de aparcamento e a tarxeta de uso. Algúns concellos tramítano en poucas semanas e outros poden tardar máis de tres meses. Se esa persoa quere facer xestións pola súa conta, como ir ao médico, e aínda non ten a tarxeta, ten que depender dunha ambulancia ou dun taxi adaptado.

-En que poderían mellorar os concellos?

-Unhas das nosas reclamacións é que haxa un trámite de urxencia nas obras que poidan afectar ás actividades da vida diaria. Na teoría si que se priorizan, pero na realidade non é así. Os concellos teñen que ser sensibles e crear eses procedementos para dar prioridade a estas actuacións, que son imprescindibles. Ademais, tamén pedimos que haxa asesoramento especializado para tramitar este tipo de permisos.

«La responsabilidad última es de los que acceden al gobierno»

Sin licencias, los puestos de trabajo que genera la construcción se reducen. Diego Vázquez es el presidente de APECCO, una asociación de constructores de la provincia de A Coruña, y señala que una tramitación ágil es fundamental para que la gente emprenda con facilidad y mueva la economía.

EDUARDO PEREZ

-¿Cómo ven la tramitación de obra en Galicia?

-En algunas ciudades hemos tenido dificultades por el exceso de celo en el desarrollo de las licencias. De esto se benefician las áreas metropolitanas, donde hay concellos en los que tenemos menos problemas, pero el grueso de la demanda está en los dos grandes polos: A Coruña y Vigo. Sin desarrollo urbanístico, el sector de la construcción no puede mantener ni generar puestos de empleo. Además, la población crece, los demandantes de viviendas siguen existiendo y la economía necesita que la tramitación de licencias sea ágil para que los emprendedores puedan poner en marcha sus proyectos en el menor tiempo posible.

-¿Quiénes son los responsables de los retrasos?

-La responsabilidad última es de los que acceden al gobierno, que son los que tienen que poner los medios para que un departamento sea ágil. Los ciudadanos y la sociedad civil tenemos que pedir responsabilidades a los ayuntamientos, no a los trabajadores. Desde las empresas no queremos una construcción desordenada ni abusiva, pero tiene que haber desarrollo.

-¿Han notado algún cambio durante los últimos años?

-Hemos pasado momentos en los que seguramente las cosas no se han hecho del todo bien, sobre todo hace diez o quince años, y todo eso nos ha llevado a que los mecanismos de control y las garantías de todas las actuaciones que se hacen sean las máximas. No obstante, este exceso de celo no nos debería impedir avanzar y mover la economía. No se trata de favorecer ningún bum, sino de equiparar la oferta a la demanda del mercado.

«Para dar máis servizos, hai que ter máis persoal»

Moitas das críticas sobre a demora nas tramitacións municipais van para os funcionarios. Alfonso Espiñeira, responsable galego de Administración local no sindicato CSIF, afirma que para axilizar os trámites é imprescindible que a cidadanía se familiarice coas solicitudes e os procedementos electrónicos.

CESAR DELGADO

-Cal é a causa dos retrasos nas licenzas municipais?

-As causas son moitas e diversas. Onde máis atrancos hai é nos concellos grandes, que necesitan máis persoal para axilizar os trámites. Nos pequenos as colas son interminables, xa que a maioría da xente non fai solicitudes electrónicas, senón que chega preguntando como ten que facer para construír un galiñeiro ou unha palleira. Isto fai que os procesos vaian máis lentos. A xente tense que familiarizar cos procedementos electrónicos, non queda outra. Por outro lado, hai quen pensa que as cousas non avanzan porque o funcionario ten o traballo parado enriba de mesa, pero os trámites pasan por moitas mans, como as dos arquitectos municipais, e algúns incluso van ás xuntas de goberno local ou aos plenos. Ademais, para moitos permisos hai que solicitar informes a outras administracións, que teñen os seus tempos e polas que hai que esperar para poder avanzar.

-Como afecta a falta de persoal nas tramitacións?

-Nos concellos pequenos hai casos onde só hai un arquitecto municipal un ou dous días por semana. O seu traballo é imprescindible para tramitar licenzas, e non sempre está na oficina porque ten que ir ver obras, en moitos casos no seu coche particular e sen que lle paguen a quilometraxe. Para dar máis servizos, hai que ter máis persoal, se non resulta imposible.

-Senten presións para tramitar con maior rapidez?

-Cando hai eleccións é cando máis se presiona aos funcionarios para que todo vaia máis rápido. Hai que soportalo sen facer caso, porque non se poden tramitar licenzas sen informes e garantías.