Sandra Insua Rial: «Na xornada de reflexión teño que oficiar unha voda»

Juan Ventura Lado Alvela
j. v. lado CEE / LA VOZ

GALICIA

Ana Garcia

Para a alcaldesa de Camariñas serán as primeiras eleccións ás que irá como cabeza de lista

07 ene 2019 . Actualizado a las 17:19 h.

Con 42 anos, e despois dunha longa experiencia como concelleira e mesmo tenente de alcalde, o pasado setembro a socialista Sandra Insua Rial, tomou o bastón de mando de Camariñas (5.322 veciños), para suplir ao inhabilitado Manuel Alonso, Pichurri, co cal estas serán as primeiras eleccións ás que irá como cabeza de lista.

-¿Como cree que vai influír a política xeral? ¿O Goberno do PSOE en Madrid suma ou resta?

-Espero que restar non reste. Ter un presidente do Goberno do teu partido sempre é positivo aínda que nas municipais a xente vota máis ás persoas, sacando aqueles moi afíns ao PSOE ou ao revés: os que son moi do PP ou do BNG, que van votar igual sexa quen sexa o candidato.

-¿Como enfoca a campaña?

-Pichurri ía porta a porta a todos os lados e eu o que quero é que a xente me coñeza, sobre todo as persoas maiores que non entran no Facebook nin iso e tamén quero chegar a elas. Aínda que a campaña é o de menos, conto co apoio de Bautista e Pichurri [os seus antecesores]. Polas mañás teño que seguir vindo ao Concello a traballar, a solucionar os problemas da xente e incluso hai unha cousa curiosa: na xornada de reflexión oficio unha voda, dun veciño de aquí da Ponte do Porto cunha de Londres. Cando mo pediron, quedei pensando: «Pero iso é o día das eleccións». Menos mal que non, é sábado, así que reflexionarei alí e a ver se os convenzo [risas]. O que está claro é que me vou acordar desa voda toda a vida.

-¿Que obxectivos se marca?

-Para min é un responsabilidade moi grande porque en Camariñas de toda a vida houbo gobernos socialistas e calquera resultado que saque dificilmente vai mellorar os anteriores, así que o que agardo é quitar eses sete concelleiros [cos que mantería a maioría absoluta]. Con toda esa experiencia que temos detrás, incluso eu mesma teño que cambiar o chip, adoptar un criterio máis meu e tamén quero incorporar xente nova nas listas, que nos aporte dinamismo e puntos de vista diferentes sobre as cousas.