Luís Villares: «Os críticos están a utilizar a Podemos aquí en Galicia para ir en contra nosa»

Susana Luaña Louzao
susana luaña SANTIAGO / LA VOZ

GALICIA

PACO RODRÍGUEZ

Cre que no plenario houbo «alteración do censo e do corpo da asemblea», pero que a última palabra a teñen os inscritos

29 oct 2018 . Actualizado a las 16:36 h.

Luís Villares descansaba onte coa familia en Lugo logo dunha xornada moi dura na que o sector crítico de En Marea se impuxo nunha asemblea tensa, que deixou clara a división interna do partido.

-Saíu sorrindo. Non me vai dicir agora que todo foi ben...

-Teríame gustado que as cousas fosen doutra maneira, é evidente que temos problemas e non se deben ocultar. Pero, por buscarlle unha lectura positiva, que se vaia votar con listas proporcionais axudará a resolver algúns deses problemas. E foi positivo tamén que participara tanta xente; alí estaba EU, que nunca aparecera, estaba Carmen Santos, que sempre fixo ostentación de non ser de En Marea... É relevante porque todos os espazos de En Marea se involucraron nun plenario, e iso nunca pasara.

-Pensa que o do plenario foi un golpe de Estado?

-Vivímolo e sentímolo así. Houbo moita xente que non puido vir porque non se puido inscribir e as normas son iguais para todos. Os críticos mobilizaron un determinado número de persoas, non sei se finxindo ou non que fora por problemas técnicos, e iso é moi inxusto. O que me molesta, xa como xuíz, é a infracción do principio de igualdade. Foi unha verdadeira alteración do censo e do corpo da asemblea. Houbo unha elección que aprobou o cambio da mesa por tres votos de diferenza e iso deu lugar a que a nova mesa deixara entrar a toda esa xente, o que alterou todos os resultados.

-Alexandra Fernández fixo acusacións moi duras sobre os seus compañeiros no Congreso.

-Alexandra puxo enriba da mesa un problema que todos sabiamos que existe. Pode ser que Gómez-Reino non viñera porque sabe que o que dixo Alexandra é certo. Faltou á palabra, porque el dixo que ía vir ao plenario.

-Deixou Anova soa á súa deputada?

-Penso que si, pero non está soa, ten o apoio de En Marea.

-Cre que os críticos están deixando que sexa Pablo Iglesias quen tome as decisión?

-Á autodenominada Mesa pola Confluencia habería que preguntarlle que pensa do que está a pasar no Congreso. Para empezar, a Anova... Que opinan do desprezo aos acordos de Mazarelos con EU e Podemos que está a sufrir o grupo parlamentario de En Marea? Hai un dobre discurso cando na asemblea de onte se di unha cousa e logo hai que ver a submisión coa que se está actuando respecto do grupo de Madrid. Esa mesma xente, os críticos, utilizan a Podemos aquí en Galicia para ir en contra nosa, e logo buscan que lles saquemos as castañas do lume co grupo parlamentario en Madrid.

-Acusárono de terse apoiado noutras listas no anterior consello só para ser voceiro de En Marea.

-Xente da nosa lista dixo daquela que o noso programa se tiña que cumprir ao cen por cento, e algúns negámonos, porque as outras listas tiñan o 42 % dos votos e dixemos que había que negociar. Logo, parte desa negociación foi a dos voceiros, e quedou no imaxinario popular que eu negociara con esas listas para ser voceiro, e non foi así, eu rompín a lista porque había que acordar cuestións políticas cos demais. Querían, ademais, que se negociaran por detrás ata sete liberacións, de costas ao consello, e algúns dixemos que non iamos tolerar máis porque non viñeramos á política para consentir este tipo de corrupcións.

-Cre que aínda pode gañar?

-Deciden os inscritos, que nunca se equivocan. O importante é o camiño que se leva feito con total lealdade, e se non fixemos máis foi porque nos ataron as mans.

Gómez-Reino apuesta por la «refundación» del partido

El secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, había dicho que acudiría al plenario y no lo hizo, aunque horas después publicó un tuit en el que se refería al encuentro: «Parabéns polo traballo e as decisións adoptadas no camiño de ampliar a pluralidade e a unidade popular. Avanzamos». Ayer, en una entrevista a RNE en la que hizo una valoración del encuentro, pidió «unha refundación» de En Marea para hacerla más amplia.

El comité electoral lo copan los ganadores, que solo dejaron tres puestos a sus rivales

En el plenario se aprobaron cuestiones que afectan al funcionamiento de En Marea incluidas en las enmiendas de los críticos.

Comité electoral

Mayoría de críticos. El sistema de listas abiertas con corrección de género que se impuso para la votación del comité electoral provocó que, con un 57 % de los votos del sector crítico frente a un 43 % del oficial, la lista ganadora situará a diez miembros frente a los tres procedentes de la corriente villarista.

Ampliación del censo

Distinta vara de medir. El censo para participar en las votaciones debería haberse cerrado con la celebración del plenario, pero los críticos lograron aprobar una enmienda que lo amplía hasta el 23 de noviembre, pocos días antes del proceso electoral, que se llevará a cabo del 1 al 3 de diciembre. El sector oficial le reprocha a los críticos que en sus propias formaciones cierren el censo mucho antes de las elecciones, para evitar desembarcos interesados de última hora, y que sin embargo en En Marea utilicen otra vara de medir. La proclamación de la lista ganadora se dará a conocer el 5 de diciembre. 

Incompatibilidades

Posibles liberaciones. En Marea no permitía la duplicidad de cargos orgánicos, pero otra enmienda de los críticos propone la supresión de la mayoría de esas incompatibilidades para optar a un puesto en el consello das mareas y abre la puerta a que haya liberados, algo que hasta ahora nunca tuvo el partido.