O Debate: Podemos decide en Galicia, ¿Bescansa ou Gómez Reino?

La Voz

GALICIA

xoan a. soler

Hoxe remata a votación para elixir ao próximo secretario da formación morada na comunidade

24 oct 2018 . Actualizado a las 10:16 h.

A carreira remata esta medianoite. Para Carolina Bescansa e para Antón Gómez Reino. Un dos dous sucederá a Carmen Santos na secrataría xeral de Podemos Galicia. A uns meses das vindeiras eleccións municipais. Cando só queda media lexislatura por diante a nivel autonómico. E nun emocionante contexto, porque en Madrid a súa formación converteuse no principal apoio parlamentario do goberno socialista.

Esta é a visión do partido, do país e do Estado que teñen os dous candidatos. 

Carolina Bescansa. Un futuro para Galicia.

«A sociedade galega xa mudou. A nosa mirada sobre o país é outra ben distinta á que hexemonizaba a nosa sociedade unha década atrás. Temos a confianza en nós mesmas, a conciencia de que contamos coa capacidade como persoas e como pobo, a seguridade de que temos a riqueza de recursos e a capacitación técnica e profesional para converter Galicia nunha potencia económica». Podes ler o artigo completo aquí.

Antón Gómez-Reino. Podemos: Galicia esixe cambio.

«O noso obxectivo é gañar as eleccións autonómicas previstas para o 2020 e transformar este país: abrir as institucións, facer que esta terra xere e reparta riqueza, construír unha realidade política que de verdade nos represente; institucións limpas e políticas públicas ao servizo da maioría social». Podes ler o artigo completo aquí.