Antón Gómez-Reino: «É unha obviedade que Bescansa vive en Madrid; eu si vivo no país»

Di que a súa candidatura conta coa confianza da dirección estatal e dos seus aliados, «os alcaldes do cambio»


Santiago / la voz

Non tardou máis que unhas horas Antón Gómez-Reino (A Coruña, 1980) en comunicar a súa candidatura á secretaría xeral de Podemos Galicia cando Carmen Santos anunciou a convocatoria de primarias.

-Que cre que non funcionaba?

-A convocatoria da asemblea cidadá vén dada pola demanda da maior parte dos círculos de Galicia, que xuntaron as actas para esixir á dirección estatal esa convocatoria. Temos que construír un Podemos que deixe de falar para dentro e empece a falar para fóra. Que fallou? Pois que a nosa militancia ten que ter unha conexión directa e un apoio por parte da dirección. Nese sentido creo que é fundamental, e xa o anuncio, reforzar as estruturas municipais dándolles de novo poder aos círculos, porque o que manifestan as bases de Podemos é que non estaban todo o ben tratadas que deberían. Outro mandato que houbo foi de rendición de contas, e eu tamén me comprometo a facer unha rendición de contas ao mes da actividade da executiva de Podemos Galicia.

-Non lle pode prexudicar ser o candidato oficial de Iglesias? A xente solidarízase coa vítima.

-Carolina Bescansa, nin vítima nin nada polo estilo. As diferentes compañeiras que se presentan neste proceso interno non son nin contrincantes nin inimigos, en todo caso son aliadas. Pero eu creo que no Podemos Galicia que vén é importante xerar confianzas, ter a confianza da dirección estatal, ter a confianza dos nosos aliados, dos alcaldes do cambio, e iso creo que é o fundamental, non é unha cuestión de apadriñamentos. Esa confianza é necesaria para que Podemos Galicia teña moito que dicir na política galega, pero tamén na do Estado.

-Que opina das críticas de Iglesias á candidatura de Bescansa?

-Habería que preguntarllo a Pablo Iglesias, pero penso que o que puxo de relevo non é que o digamos nós; é unha obviedade que Bescansa vive en Madrid, eu vivo no país. Semella complicado levar a dirección desde Madrid, Podemos Galicia necesita moito coidado, moita atención, moito cariño e moito traballo, e ese é o compromiso das persoas que estamos nesta candidatura.

-Vostede tamén está en Madrid.

-Eu levo desde os vinte anos participando nos movementos sociais do país, levo tres anos na política institucional, levando as demandas da cidadanía galega ao Congreso, pero repito, eu vivo no país e coñezo as problemáticas do país, aínda que pase unha parte da semana traballando en Madrid.

-Propúxolle Pablo Iglesias que se presentase?

-Foi unha posibilidade que sempre estivo aí, e vendo a situación de Podemos Galicia e do espazo de cambio parecíame que había que dar un paso adiante.

-Teñen unha boa relación, e é lóxico que o falasen, non?

-Teño moi boa relación con Pablo Iglesias, discutimos e compartimos iniciativas, pero iso non ten que ver coas nosas decisións políticas, coñecémonos politicamente desde os tempos nos que os dous eramos activistas sociais e hai unha relación de confianza política recíproca. E o que si teño claro é que nunca vou cuestionar a proposta dos inscritos de Podemos, que é que Pablo Iglesias sexa agora o secretario xeral.

-Pensa que a Podemos lle prexudicará a polémica do chalé?

-Eles deron as cumpridas explicacións. Nós puxemos o foco no escrutinio público dos cargos de Podemos e eles preguntaron dunha forma valente, transparente e democrática aos inscritos e a resposta foi unánime.

-Non hai unha contradición coa mensaxe de Podemos?

-Creo que nós damos exemplo e seguimos dando exemplo. Doamos unha parte importante dos soldos para proxectos sociais e non hai ningún outro partido político que o faga, e agora estamos obrigando a outros partidos a esas dinámicas de transparencia. Por iso digo que somos exemplares.

-Como concibe as relacións con En Marea?

-Son o único asinante galego do documento inicial de Podemos; ademais, son fundador da Marea Atlántica. Eu creo que o que queren os inscritos é transformar a vida da xente e gañar eleccións, e para iso a ferramenta fundamental é que Podemos lidere os espazos do cambio. Temos que construír en Galicia un Podemos que sexa o motor fundamental de acompañamento dos gobernos do cambio que xa temos nas cidades.

-Pero hai máis partidos en En Marea. Van aceptar iso?

-Eu estou convencido de que os inscritos e votantes de Podemos, e tamén os demais actores do espazo, desexan un Podemos con responsabilidades claras e unha dirección clara.

-Non nomea En Marea. Non cre en En Marea?

-Eu son deputado de En Marea e somos o espazo político que máis cidades do país goberna; é evidente que a fórmula da unidade popular é fundamental, pero é fundamental tamén que temos que construír un Podemos forte, que funcione de forma fraterna cos aliados que temos en Galicia, que son necesarios.

-Se sae elixido irá ao plenario de En Marea?

-Creo que Podemos Galicia ten que ser a ferramenta que lidere o cambio en Galicia, e ten que participar de todos os espazos políticos dos que formamos parte.

-Pasará factura o caso Quinteiro?

-É un caso pechado e déronse as cumpridas explicacións.

-Aproba a xestión dos alcaldes?

-Parece mentira que sexa novidoso, pero construímos gobernos con cero corrupción. E, non sen dificultades, estamos mellorando a vida dos cidadáns; o que imos tentar é consolidar os novos modelos de cidades.

-E a de Villares?

-Creo que está facendo un magnífica labor como portavoz parlamentario.

-Vese como presidente da Xunta?

-Véxome con dúas responsabilidades, a de liderar Podemos Galicia e a de trasladar ao Congreso as necesidades dos galegos. Do que non teño dúbidas é de que entre todos daremos coa fórmula para acabar co mandato de Feijoo. Creo que estamos capacitados non só para gobernar Galicia, senón para transformala, para facer que un país rico xere riqueza.

El diputado de En Comú Raimundo Viejo se une a Bescansa para intentar liderar Podemos Galicia

LA VOZ

El exconcejal de Barcelona es natural de Vigo y cercano a la antigua dirigente de Podemos desde los inicios de la formación

Carolina Bescansa incorpora a su candidatura un nuevo apoyo en la carrera por suceder a Carmen Santos al frente de Podemos Galicia. El diputado de En Comú Podem en el Congreso de los Diputados, Raimundo Viejo Viñas, ha anunciado que su «honra» en participar en la lista de la antigua dirigente de Podemos. Viejo Viñas, exconcejal en el Ayuntamiento de Barcelona y natural de Vigo, añade su intención de «derrotar democráticamente ao PP». 

El politólogo vigués, procedente de una familia de políticos e intelectuales, se encargará de «poñer voz aos miles de galegos que viven no exterior», en palabras recogidas por la agencia Europa Press. Raimundo Viejo, nacido en Vigo en 1969, ocupó en 2015 el cargo de concejal de educación y universidades en el ayuntamiento de la Ciudad Condal con el gobierno de Barcelona En Comú. Ese mismo año abandonó el puesto para presentarse a las elecciones generales de finales de 2015, en las que resultó elegido por la provincia de Barcelona, resultado que repetiría medio año más tarde en los comicios de junio de 2016.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
20 votos
Comentarios

Antón Gómez-Reino: «É unha obviedade que Bescansa vive en Madrid; eu si vivo no país»