«Os ataques son moi habituais entre xente que traballa no campo e no monte»

J. A. VIVEIRO / LA VOZ

GALICIA

ALBERTO LÓPEZ

Manuel Expósito en responsable de Protección Civil en Viveiro

17 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Expósito, responsable da agrupación de Protección Civil de Viveiro, ten ampla experiencia en retirar niños de velutina. «Levamos varios centos. En principio faciámolo nós, pero despois, cando a Xunta se fixo cargo a través do número 012, deixámolo e só actuamos en casos urxentes.

-É previsible que se repitan mortes por picaduras como a de Viveiro?

-Home, o que está claro é que nestes anos vénse observando un aumento da poboación de velutinas, sobre todo en superficie ocupada.

-Que facer se se ve un niño?

-Afastarse e avisar para que o vaian retirar. O perigo da velutina é non ver o niño. Cando estás traballando no campo moitas veces non o percibes hasta que estas enriba del. As velutinas solo responderán de forma agresiva se se ven atacadas. Cando están voando non son perigosas, salvo que as toques sen querer, como calquera insecto.

-E se es alérxico?

-Claro. A maioría da xente non o sabe. O ideal nestes casos é que quen traballe no sector forestal ou viva moito tempo en casas de campo, quen use desbrozadoras, faga unhas probas para ver se é alérxico, non só á avespa, senón tamén ás abellas. Nese caso, danche un antídoto que tes que poñer cando che pican.

-Hai que terlles medo ás velutinas?

-As picaduras de avespa son moi habituais en xente que traballa no campo. A maioría cando detecta que está rodeado de avespas bota a correr, pero se non as provocas, se non fas movementos bruscos, non adoita pasar nada. A velutina non é especialmente agresiva. É peor a Vespa crabro. O que ten a velutina é o tamaño, e que inxecta máis veleno.