«O risco está aí e pode volver a pasar, pode morrer máis xente»

José María Vázquez, xerente da empresa Serpa, especializada en extinción de velutinas

José María leva retirados con Serpa 2.053 niños de velutina
José María leva retirados con Serpa 2.053 niños de velutina

viveiro / la voz

Bota contas e di unha cifra redonda: 2.053. Son os niños de velutina que leva eliminados José María Vázquez coa súa empresa Serpa, especializada en extinción de velutinas, con franquías en varias comunidades do Cantábrico. Fala con claridade, sen poñer panos quentes: «É lei de vida. Se todo o mundo desbroza e os niños de avespa están ao pé do chan, o risco está aí e pode volver a pasar, pode morrer máis xente. Pasará».

-Pensa que se lle está quitando importancia a este problema?

-Sen dúbida. Estase quitándolle ferro a un asunto que é de seguridade cidadá, apícola e froitícola, pola polinización. Ten que desenvolverse un plan de verdade, de trampeo, con persoal especializado, protexer as colmeas... Isto non é un traballo para afeccionados. Os bombeiros fan unha enorme labor, pero non debe ser a súa tarefa eliminar os niños de velutina, nin a de voluntarios de Protección Civil ou de asociacións de apicultores que coidan as abellas. O traballo hai que facelo con garantías, con técnicos en controis de pragas e sobre todo cun trampeo para evitar a expansión da avespa. Se non, é tempo perdido.

-En Viveiro, o niño de avespas estaba a nivel do chan.

-É que é normal nesta época, e por iso o risco de que haxa máis mortes veo calquera. Agora os niños primarios de velutina están no chan, e cando se desbroza pódense tocar e as avespas reaccionar defendéndose e atacando. Hai dúas opcións, ou desbrozar en marzo ou esperar a agosto, cando os niños se desprazan en altura. E cando vas desbrozar, poñer polo menos unha careta para estar máis protexido, porque moi pouca xente sabe se é alérxica.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Comentarios

«O risco está aí e pode volver a pasar, pode morrer máis xente»