Juan Merlo: «Sabía que ía ser o "chivo" expiatorio para branquear outras cuestións»

Deixa os cargos, pero seguirá a militar en Podemos: «O luns irei ao meu círculo de Vigo como fixen sempre»


santiago / la voz

Recoñécese afectado pola tensión do venres, cando presentou a dimisión como deputado de En Marea e como secretario de organización de Podemos Galicia. «Foi un día difícil», admite.

-Por que eludiu a dimisión dúas veces e logo anunciou a súa renuncia?

-Logo de comparecer para pedir desculpas e dar explicacións, entrei na comisión de pesca e comecei a ler os titulares que estaban a sacar os xornais, e vendo a repercusión que tiña e como se interpretaba, pensei que non ía servir de escusa para que se diga que todos os partidos son iguais, e non quixen seguir por aí porque era un desgaste, ía tensionar máis o espazo. Non dimitín pola gravidade do caso, senón pola campaña que se está a facer, porque me sabía mal darlles un pretexto para danar a unidade popular.

-Foi difícil?

-Foi unha decisión difícil porque vai ser un problema tremendo no persoal e no profesional, porque a ver agora como retomo eu a miña actividade laboral logo da repercusión que tivo o caso... Pero aínda así quedo tranquilo, porque eu vin á política para facer as cousas doutro xeito.

-Equivocouse por non decatarse da transcendencia do caso?

-É que eu non inflei o currículo nin o redactei desa maneira. Cando fixemos a candidatura de Podemos, con moita présa, eu dixen que tiña coñecementos de enxeñaría, nunca me gabei de ser enxeñeiro e a xente sabía que eu non rematara os estudos. Non se me deron ben e a titulación non a saquei, e non fun gabándome por aí de nada.

-Séntese agraviado?

-Penso que é un agravio persoal porque non ten nada que ver co de Cifuentes ou o de Casado, que compran titulacións para logo entrar nas portas xiratorias. Eu o xoves pola noite xa sabía que ía saír e faleino coa miña familia, e xa lles dixen: ‘‘Vou ser o chivo expiatorio para branquear outras cuestións’’, e non estaba disposto a que se aproveitasen disto para dicir que todos os partidos son iguais, e xa tiña medio meditado o de dimitir. Considero que non sería un motivo de dimisión en tempos normais, pero non estamos nun tempo normal.

-Foi unha imposición de Madrid?

-Coincidiu que Carmen Santos estaba nunha reunión de secretarios xerais de Podemos, e falei con ela, e díxome que o pensara ben, que non tomara a decisión ao tolo, que o falabamos e viamos que facer... Pero xa estaba decidido.

-Vostede era o secretario de organización, non crea iso un problema en Podemos Galicia?

-Iso preocúpame, pero pola forma que eu teño de ver a organización, deixaría de ser eu mesmo se non me aplico a min o que lle pido aos demais. Penso que non estaría lexitimado para exercer ese traballo e haberá outros compañeiros que o poidan facer. Pero como militante vou seguir; o luns irei ao meu círculo de Vigo como fixen sempre.

-Insiste en que o seu non ten nada que ver co de Quinteiro e que ela non debe dimitir.

-Cando soubemos o de Paula Quinteiro falei con ela e díxenlle que en Podemos íamos abrir un expediente informativo, porque era a miña obriga e porque dese xeito ela podería alegar o que quixera e quedaba garantido o seu dereito á presunción de inocencia. Pero de ir adiante, polo noso código sancionador sería unha falta leve, nunca unha expulsión. Outra cousa sería que por cuestións éticas se tomase unha decisión política, pero para iso habería que demostrar que as cousas foron como transcenderon, e hai dúbidas. A presunción de inocencia hai que respectala.

-Que vai facer agora?

-Non quero nin pensalo. Quedo sen traballo e o meu fillo marchou hoxe a Canarias porque aquí tampouco atopa nada...

-Unha semana complicada.

-E o martes tiven un accidente. Non me pasou nada, pero si... A miña familia é a que está a sufrilo.

Feijoo critica a quien exhibe «credenciais de deputado para encubrir o vandalismo na rúa»

En un acto en Pontevedra en homenaje a alcaldes y cargos del PP fallecidos, el presidente del PPdG y máximo mandatario en la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, se refirió al caso Quinteiro en un momento de su discurso en el que, tras asegurar que los partidos de la oposición pierden por su falta de unión y de respeto a los votantes y a las instituciones, puso como ejemplo a la parlamentaria de En Marea para arremeter contra quienes «faltan ao respecto aos veciños cando presentan as súas credenciais de deputados para encubrir o vandalismo na rúa».

También se refirió a Paula Quinteiro el líder de En Marea en una entrevista concedida a Europa Press. Luís Villares, tras la dimisión de Juan Merlo y la renuncia a ser diputado de Xosé Hermida, ya había dicho que a la diputada que se vio envuelta en un incidente con la Policía Local de Santiago sus compañeros le habían facilitado «o camiño». Y en ese sentido, siempre con la intención de que la parlamentaria anticapitalista presente su dimisión, Villares calificó como «un abuso de poder» que Quinteiro exhibiese sus credenciales ante los agentes, lo que a su entender «pon en cuestión» la confianza depositada por los votantes en En Marea y en la oferta política del partido.

La implosión del segundo intento por unir el rupturismo

domingos sampedro

La crisis de En Marea reproduce aspectos de la de AGE y pone sobre el tapete el debate de su refundación

A Alternativa Galega de Esquerda (AGE), coalición creada por Beiras en el 2012 para aglutinar la izquierda rupturista, la mataron los personalismos y la actitud de quienes llegaron a la política «para sedimentar nela», célebre expresión usada por Juan Merlo al anunciar su dimisión como diputado de En Marea, quizás para aludir a los que aspiran a vivir a la sopa boba de una liberación política. Existe todavía un vestigio de AGE en Europa, el euroescaño de Lidia Senra, pero desde que cuestionó la seguridad de las vacunas, a sus aliados les dio por abjurar de ella.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Comentarios

Juan Merlo: «Sabía que ía ser o "chivo" expiatorio para branquear outras cuestións»