Luis Bará: «Fixen o que tiña que facer, teño a conciencia moi tranquila e non temo as repercusións»

El diputado nacionalista enmarca la acción en el recorte de derechos que según él se está produciendo


santiago / la voz

A imaxe do deputado do BNG Luís Bará (Vilaboa, 1965), que é membro do grupo de goberno de Pontevedra e foi director xeral de Cultura da Xunta, deu a volta a España por romper a foto de Filipe VI no Parlamento. A acción pode ser delituosa, pero para el só se trata dunha chamada de atención fronte ao recorte de dereitos.

-A que obedece a súa acción?

-Non foi un xesto puntual, senón que ten que ver cunha decisión política adoitada polo BNG para denunciar todo o que ten que ver cos dereitos fundamentais, a liberdade de expresión e a involución democrática que estamos a vivir no Estado español. Porque existe unha regresión que ataca dereitos, así se recolle en resolucións de tribunais internacionais, e no BNG pensamos que é prioritario defender eses dereitos.

-Protagonizou con antelación un xesto parecido?

-Eu particularmente non acostumo a actuar deste xeito. Nunca queimei unha bandeira nin fixera algo parecido, pero penso que se fai unha interpretación abusiva do delito de odio, e o que quixen expresar é que aínda que a min pode que non me gusten este tipo de accións, quero defender o dereito de que se poidan facer, porque son dereitos esenciais nun sistema democrático, falamos da liberdade de expresión, da liberdade de pensamento, do dereito a criticar tamén unha institución como a monarquía.

-Pese á inicial reacción temperada, ao final o presidente do Parlamento convocou todos os órganos para tomar medidas. Teme as repercusións?

­-Fixen o que tiña que facer, teño a conciencia moi tranquila e non temo as repercusións. Foi un xesto de chamada de atención.

-Por xestos menores outros foron expulsados do Parlamento...

-Si, a min tamén me chamou a atención que no momento non houbera ningún tipo de reacción do PP, algunha advertencia ou chamada á orde. Logo debeu producirse a chamada dende algunha xefatura para que se actuase, e púxose en evidencia a clara subordinación do Parlamento ás ordes de Monte Pío ou de Madrid. En todo caso non me preocupa, penso que estou amparado pola doutrina dos tribunais europeos e polos dereitos que teño como cidadán.

-E tamén está protexido pola inmunidade parlamentaria. Pero faría ese xesto na rúa, como suxeriron dende os escanos do PP?

-Se fose nun contexto de apoio a un discurso político, como argumentación política, porque ese foi realmente o sentido que lle dei no Parlamento, como un xesto de resposta á represión e involución democrática, pois se fose así non tería inconveniente en facelo, aínda que, repito, non é para nada o meu estilo. De feito algunha xente comentoume que non lle cadrara que fose eu quen fixera un acto deste tipo, porque levo moito tempo na vida institucional, aínda que non me teño precisamente por unha persoa moderada á hora de defender as cousas nas que creo.

-Recibiu algunha queixa ou obxección polo que fixo?

-Pois non, o que recibín son moitos apoios, dentro da casa e fóra, dende lugares como Canarias. Eu entendería que haxa a quen, incluso dentro do BNG, lle pareza un xesto desacertado, pero o certo é que dende forzas como Anova ou Esquerda Unida chegaron a dicirme que facía falta dar un golpe na mesa.

El Parlamento decide hoy si amonesta al diputado del BNG que rompió la foto del rey

d. sampedro/ j. capeáns
;
Un diputado del BNG rompe la foto del Rey al intervenir en la tribuna del Parlamento El PP tacha a Luís Bará de actuar como «o James Dean do nacionalismo galego» y lo invita a romper la foto de dirigentes del BNG con Otegi

Santalices reúne los órganos de gobierno de la Cámara para analizar el informe que encargó a los servicios jurídicos

El Parlamento gallego deberá pronunciarse hoy sobre la acción sin precedentes protagonizada por el diputado nacionalista Luís Bará al romper dos retratos del rey Felipe VI en la tribuna de oradores. El presidente de la Cámara, Miguel Santalices, encargó un informe a los servicios jurídicos que deberá dictaminar si la inviolabilidad y la inmunidad de los diputados en el ejercicio de su cargo tiene limitaciones o son susceptibles de recibir algún tipo de amonestación.

Santalices convocó para este viernes sendas reuniones de la Mesa del Parlamento y de la Xunta de Portavoces, para dar a conocer el resultado del informe jurídico y comunicar las posibles medidas contra Bará.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
19 votos
Comentarios

Luis Bará: «Fixen o que tiña que facer, teño a conciencia moi tranquila e non temo as repercusións»