«Temos que fixar poboación de xente nova, que ten moito que aportar»

Miguel Ascón Belver
miguel ascón OURENSE / LA VOZ

GALICIA

Santi M. Amil

A nova comisionada do goberno fronte ao reto demográfico di estar moi orgullosa de que confiaran nela para este cometido

28 ene 2017 . Actualizado a las 14:23 h.

Como moitos outros ourensanos, Miri Barreira Diz (Vilardevós, 1978) desenvolveu a súa carreira profesional fóra da provincia. Ocupou diversos postos de asesora na Xunta e no Goberno central, ata ser directora adxunta da vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría. Ata que encabezou a lista ao Senado era una descoñecida na política ourensá, pero durou pouco no seu escano. Onte foi nomeada alta comisionada do Goberno fronte ao reto demográfico. Di estar moi orgullosa de que confiaran nela para un cometido que afecta «moi particularmente á nosa provincia».

-Cal é a súa experiencia persoal co problema demográfico?

-Calquera que coñeza a realidade, e tamén o din todas as estatísticas, ve que hai un problema de envellecemento e de despoboación na nosa provincia que é moi importante. Cando me presentei ás eleccións sempre intentei dicir que era unha das prioridades que tiñamos que abordar na provincia. Temos que fixar poboación da xente xoven, que ten moito que aportar.

-En que consiste a estratexia nacional que debe elaborar?

-Na Conferencia de Presidentes saíu o acordo para colocar o problema demográfico na axenda política, un dos acordos principais foi definir unha estratexia nacional para abordar xuntos esta tarefa, intercambiar políticas, coordinar accións e, atendendo á problemática de cada un, chegar a solucións para poder abordar xuntos un problema que non será, senón que é xa unha realidade á que non nos podemos sentir alleos.