Rosa Mosquera: «Para recuperar un bosque mixto teñen que pasar 40 ou 50 anos»

Galicia ten no verán o «cóctel perfecto» de acumulación de biomasa e condicións meteorolóxicas favorables ao lume

.

Redacción / La Voz

Rosa Mosquera, profesora de Produción Vexetal na USC e presidenta do consello executivo da Federación Agroforestal Europea, cre que hai que poñer en valor o terreo forestal para evitar a súa queima.

-Estes días fanse dez anos da vaga de incendios do 2006.

-Cada dez anos hai unha gran vaga de incendios e o motivo é que se produce unha acumulación de biomasa porque non se coida e non se sacan produtos do monte. Esa cantidade é tal aos dez anos que cando se prende lume é incontrolable se se cumpre a regra dos tres 30: temperaturas superiores aos 30 graos, ventos do nordés de máis de 30 quilómetros por hora e humidade relativa inferior ao 30 %. Esas condicións, xunto coa falta de coidado do monte, fan o cóctel perfecto para que en canto alguén pon lume arda moi rápido e sexa moi difícil de controlar.

-¿En dez anos o monte está rexenerado?

-A rexeneración en Galicia é moi rápida en comparación con outras zonas do Mediterráneo. Hai xente que usa técnicas de sementeira de especies de crecemento rápido, como o trigo, para protexer o solo. En canto empezan as primeiras chuvias, se non son moi fortes, o solo colle auga e empeza a protexerse con vexetación, o que pasa é que son especies pioneiras, de pouco valor, e ata chegar a unha masa clímax, como un bosque mixto, teñen que pasar moitos anos.

-¿Cantos?

-Para acabar cun bosque mixto, moitos, moitos anos, ao mellor 40 ou 50 anos. O primeiro que aparecen son os arbustos, que protexen o solo. Pero cada dez anos a acumulación de biomasa volve arder.

-O conto de nunca acabar.

-Efectivamente. A solución é volver usar o monte como antano. Hai exemplos de montes moi bonitos, moi ben coidados e que non arden, como o monte cabalar da Estrada, que ten unha produción moi boa de carne de poldro, do que se obtén un produto alimentario de moi alta calidade e ao mesmo tempo limpa o monte. E como ese hai máis exemplos, e non arde porque estás obtendo un beneficio. O sistema de prevención que temos non é o adecuado. Os eucaliptais vense favorecidos polos incendios, porque os conos ábrense co lume e o que fas é unha sementeira natural. Ademais brota de cepa moi ben tras un lume.

-Entón se ninguén se preocupa de repoboar, o que vai medrar tras un lume é eucalipto.

-Basicamente si, se hai eucaliptos si, porque é o que se rexenera máis rápido. O piñeiro tamén se rexenera ben, pero a súa velocidade de crecemento é menor, e o eucalipto faille sombra e non o deixa medrar. O eucalipto ten a batalla gañada neste sistema.

-Especies como o carballo e o castiñeiro, ¿poden verse desprazadas?

-Teñen que pasar ducias de anos para que se rexeneren. Pero a velocidade de avance do lume en especies como o carballo e o castiñeiro é moito menor. As frondosas ás veces úsanse como cortalumes porque arden máis lentamente, e é máis controlable.

-Dez anos despois dun lume. ¿Que hai no monte?

-Fundamentalmente toxo, e tamén brezo e erica, e se había eucaliptos haberá un eucaliptal. Pero temos o problema de que vai arder por esas condicións das que falabamos. Hai unha acumulación de biomasa moi grande e por iso temos máis risco que o resto de España e en comparación co norte de Europa, temos veráns secos. Galicia e o norte de Portugal teñen un cóctel perfecto. Deberiamos ter un sistema de prevención tendo control do sotobosque e do arborado e sabendo que haberá as condicións climáticas propicias para un lume.

-¿O problema é o abandono do monte?

-É difícil que dende a Administración se proceda ao coidado de todo o monte, porque Galicia supera os dous millóns de hectáreas en terreo forestal. A solución alternativa é que se poña en valor o territorio que temos.

-Falaba de que os incendios poden producirse espontaneamente.

-Hai unha criminalidade que está aí, e é evidente que coñecen a regra dos tres 30. É difícil facer control, sobre todo a priori diso. Se llo poñemos difícil e temos coidado o monte, eles poderán plantar lume pero a velocidade será inferior, a extinción será máis eficaz e os danos moito menores. E se pos en valor o monte a xente vaise pensar máis o queimalos.

Cuatro brigadistas evacuados en una jornada que se cerró con nueve montes en llamas

La lucha contra el fuego continúa en Galicia, pero tanto la jornada del sábado como la del domingo fueron un poco más tranquilas que las cinco anteriores. Pese a ello, cuatro brigadistas que trabajaban en las tareas de extinción tuvieron que ser evacuados del monte. Dos de ellos resultaron intoxicados por inhalación de humo en un incendio en Sarreaus, y ambos fueron dados de alta a lo largo de la tarde. Los otros dos fueron evacuados de un fuego en Pobra de Trives. Uno lo fue también por inhalación de humo, y otro tras recibir un golpe en una rodilla como consecuencia de un accidente mientras conducía una motobomba.

Cuando la Consellería de Medio Rural elaboró el último parte del día, con datos de las ocho de la tarde, nueve incendios continuaban ardiendo. Uno era precisamente el de Trives, que se había iniciado a media tarde. El fuego seguía avanzando también en Cualedro, donde desde la tarde del sábado fueron arrasadas 450 hectáreas. Seguía activo también el fuego de Sarreaus, y otro en Vilardevós en el que se habían quemado 54 hectáreas, una superficie similar a la que fue arruinada por las llamas en Baralla. Seguía ardiendo el domingo el monte en Porto do Son, donde hay mil hectáreas afectadas, y también Arbo, con 1.583 hectáreas. Crecente también seguía ardiendo, mientras que los de Santiago y Negueira de Muñiz quedaron extinguidos.

Votación
10 votos
Comentarios

Rosa Mosquera: «Para recuperar un bosque mixto teñen que pasar 40 ou 50 anos»